Skip to Content

Entrevista multitudinaria no Auditorio do Mar de Vigo

O alumnado de 5º de primaria, asistiu a entrevista multitudinaria a David Amor e Celia Freijeiro, dentro da programación do "Faro da Escola" no Auditorio do Mar de Vigo.

Nova recollida no Faro da Escola o martes 13 de marzo do 2018

A continuación a crónica feita por unha alumna de 5º:

A continuación podedes ver algúns momentos desta entrevista:

"Festival solidario", Bicos de papel-Ceip Frian

Hoxe, domingo 11 de marzo, no IFEVI desfrutamos do "Festival solidario" . A asociación "Bicos de papel" e o "CEIP Frian-Teis" tiveron un grande poder de convocatoria.

A continuación as primeras imaxes que nos chegan dende o recinto feiral:

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e participación!

 

12ª edición de "Orballando novas"

Un grupo de alumnos/as de 5º A son os encargados de realizar a 12ª edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Despois do temporal "Emma" esta semana temos o temporal "Félix", que virá cargado de choivas e vento; por iste motivo o "Festival solidario" que se iba celebrar no patio do noso colexio, pasará a realizarse no IFEVI, no mesmo horario a partires das 11h.

Esta claro, "nunca chove a gusto de todos/as"

 

Animádevos a participar no "Festival Solidario", no IFEVI, estaremos ben abrigadiños!

8 de marzo, "Día da Muller traballadora"

Hoxe 8 de marzo de 2018 celebramos no noso colexio o "Día da Muller". Nesta ocasión o noso recordo foi para mulleres deportistas destacadas en diferentes disciplinas e para as mulleres máis importantes nas nosas vidas.

O equipo de Educación Física propúxonos distintas posibilidades de Mulleres deportistas relevantes de todos os tempos; cada curso fixo a súa elección e despois de traballadas na aula tocou colocalas no taboeiro para que todos e todas poidan desfrutar dos traballos.

Todos e todas xuntos/as cantamos no patio "Son muller" de Máis boas que as patacas.

Feliz día da Muller e que todos os días sexan 8 de marzo!

11ª edición do informativo "Orballando novas"

Nesta edición do informativo "Orballando novas" un grupo de alumnos/as de 6ºA, achégannos ao tempo do inicio do mes de marzo, que tanta auga está a deixar. Frío polar no Cebreiro, neve na cidade da Coruña, ventos fortísimos en Oia...así é o inverno.

Prestade moita atención.

Bo traballo rapaces e rapazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut