Fai un mes o noso colexio participou, presentando o noso informativo "Orballando Novas", no Congreso Educación Dixital de Galicia. Durante a exposición lanzamos unha invitación aos asistententes para realizar conexiones dende outros puntos de interese informativo. Deixámosvos esta primeira colaboración organizada, nesta ocasión, polas mestras de Inglés do noso colexio e do C.E.I.P. de Rubiáns (Vilagarcía). Recordamos a nova na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/341
Para poder desfrutar ao máximo do "Día das Letras Galegas" o alumnado de 5ºB dende a aula de Inglés cóntannos o tempo que vai facer nas Illas Atlánticas durante estas pequenas vacacións. Viaxarán as Illas Cíes e Illas Ons. Para completar esta información, contactamos cuns enviados especiais na Ría de Arousa, do C.E.I.P. de Rubiáns (Vilagarcía) que viaxaron a Illa de Sálvora, Illa de Arousa e a Illa de Cortegada. Moitísimas grazas compañeiros/as por completar o noso informativo.
Animámosvos a que aproveitedes estes días, con este pronóstico do tempo tan favorable, para visitar as Illas que forman parte do Parque-Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Non esquezades coller a toalla, o bañador, a crema solar, auga ben fresquiña e un libro de poemas en Galego.
Desfrutade do Día das Letras Galegas!
Moitas grazas compañeiros/as de Rubiáns (Vilagarcía) por esta colaboración, desexamos que sexa a primeira de moitas!