Skip to Content

5º MMAF MEDIMOS

 

 

 

 

 

 

5º B

 

 

 

 

 

 

5º A

 

 

 

 

 

Listaxe definitiva admitidos vindeiro curso 18/19

 

I CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

 

 

Os días 3 e 4 de maio, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o I Congreso Aliméntate Ben  nos que, durante as dúas xornadas, reuníronse 500 escolares galegos de Primaria e Secundaria para reflexionar sobre alimentación saudable na infancia e na adolescencia.

 

Dentro desta iniciativa os nosos alumnos e alumnas presentaron os traballos realizados dentro do noso PDI "Vivindo San no Cole Frian" que conleva os proxectos educativos Aliméntate Ben, Máis e Mellor actividade Física e Móvete + e moito máis (Programacións de aula, Biblioteca,Tics, Música, Educación Físca, Lingua Inglesa...)

Consistiu nunha Feria-Exposición na que participamos 10 centros de Primaria amosando os nosos traballos e tivemos a posiblidade de coñecer outros Centros, participar en obradoiros e actividades lúdicas fomentando a nosa vida e alimentación saudable.

 Accesit I congreso

 

O noso centro acadou un accésit pola labor realizada ao longo deste curso neste  Proxecto o que pretendemos continuar traballando ao longo dos vindeiros anos xa que a resposta da Comunidade Educativa é excepcional e a ela e a quen temos que agradecer este recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.

entrega accesit

 

Día Internacional do Libro 2018 en Frian

O luns 23 de abril, commemoramos o Día Internacional do Libro no cole cunha serie de actividades.

 

         Por unha banda, o noso xeito de celebralo foi facendo un Apadriñamento lector  e así converternos en“Padriños/madriñas e afillados/as lectores/as”. O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos.

        Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu afillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a  lectura do conto escollido.

        Foi unha delicia sentir durante media hora  un murmullo de voces contando historias de medo, de piratas, de animais, de princesas, de froitas e vexetais.

      Todo o cole encheuse dunha maxia especial e en todos os recunchos había rapaces e rapazas  saboreando unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

              Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así,  tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e algún que outro obsequio para os afillados e afilladas.

 

       Por outra banda, fixemos unha recopilación dos nosos libros e contos favoritos. Cada aula elixiu dous títulos e decorou cadansúa banda para pegar nas escaleiras do cole.

        O resultado quedou fenomenal e agora cada vez que subimos as escaleiras estamos a repasar os títulos de contos e libros infantís máis importantes para o alumnado do cole.

 

        Desfrutade da nosa celebración no seguinte genially:

O informativo "Orballando novas" vai de Congreso

O noso informativo "Orballando Novas" foi seleccionado pola Consellería de Educación para mostralo a outros/as mestres/as na Xornada de Educación Dixital, celebrado o sábado 21 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

O equipo docente de 5º e 6º de primaira estivo representado polos titores/as de 5º e 6º, o resto do equipo estaba nas V Olimpíadas de Teis, así que nesta ocasión tivemos que dividirnos.

Explicamos o noso traballo tendo como base a seguinte presentación:

 

Instantáneas expoñendo o noso "Orballando novas" na Sala Santiago, do Pazo de Ccongresos de Santiago:

 

 

Así opinaron sobre o noso informativo a través do twitter:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut