Skip to Content

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

 

Este mes celebramos a “4º edición dos Premios Merendas Saudables”. Como cada mes, as comisións saudables valoran os datos dos calendarios de merendas que ten cada aula do cole e reparten as invitacións do premio. Nesta ocasión, todas as clases premiadas disfrutaron dunha viaxe en karts no circuito do noso cole. Colaboraron na súa realización os títores e os profes de educación física.

         Seguimos batindo récords de participación!


   No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que os meses de xaneiro e febreiro  foron meses supersaudables no cole Frian:

 

Os nenos de infantil cumpriron tamén  as expectativas e trouxeron unhas merendas moi saudables durante todo o mes. Por iso levaron un premio saudable. No caso do alumnado de 5 anos , unha sesión de karts co profe Edu. Tiñan moitas ganas e o foi xenial!!!

 

 Se premes nesta foto podes ver máis fotos do alumnado de 4º

karts

                        

A actualidade do tempo en "Orballando Novas"

Un grupo de alumnos/as de 6ºA foi o encargado esta semana da realización da 14ª edición de "Orballando Novas", o noso informativo do tempo.

O máis salientable desta edición é o remate da "seca do terror". Por fin puidemos gravar en exteriores sen empregar o paraugas, ainda que o vento non nos deu tregua. Prestade moita atención.

AS NOSAS MANUALIDADES COS PEQUES NO HOSPITAL

Xa vos falamos do Mercadillo Solidario que organizou a ANPA do noso centro para colaborar con Bicos de Papel, pero ademáis, as nosas manualidades tamén chegaron a todos eses pequechos e pequechas e as súas familias que nestes días están no Hospital.

hospital 1

 

hospital 2hospital 3

 

Esperamos que coa nosa forza e coas cores dos nosos traballos poidamos darlle un chisco de ánimo e diversión.

hospital 4

 SODES TODOS E TODAS UNS CAMPIÓNS !!!

O NOSO PDI NOS MASS MEDIA

xornal

Estes días, exactamente o mércores 29 de marzo, publicouse unha nova no xornal Atlántico diario comentando todo o traballo que estamos a realizar no cole fomentando na nosa Comunidade Educativa unha vida saudable a través do noso Proxecto Documental Integrado e dos múltiples proxectos aos que estamos vencellados.

O importante deste proxecto son todos os cambios positivos que se están a realizar na nosa vida diaria como as merendas, mellora no exercico...

Se pinchades neste link podedes ver a noticia no xornal on line

 

Desprazándonos sobre dúas rodas

O pasado mércores, 4 de abril, tivemos a sorte de contar con Jose, pai de Lucía de 5ºA.

Co gallo do P.D.I. anual "Vivindo san no cole Frian" o alumnado de 5º está a estudar a "Bicicleta" como medio de transporte saudable. Queremos informarnos de todas as posibilidades que nos ofrecen as bicis e tamén dos seus riscos. Buscamos ser ciclistas responsables e seguros para desfrutar deste estupendo vehículo.

Jose, explicounos moi polo miudo o mundo da bicicleta, para iso trouxo a súa bicicleta e a roupa que emprega para facer as súas rutas. Estivemos moi atentos. Aprendemos e desfrutamos moito.

Esperamos que Jose tamén desfrutara de estar connosco.

Moitísimas grazas, familia, polo voso tempo!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut