Skip to Content

FACEMOS PIZZAS

O alumnado de 3 e 4 anos visita a pizzería Fresh Pizza. Convertímonos en expertos pizzeros e cociñamos as nosas propias pizzas con ingredientes moi naturais.

 

 

 

 

 

Edición especial "Orballando novas"

A continuación presentamos a 7ª edición de "Orballando novas" o informativo do tempo que puntualmente, cada semana, estamos a publicar.

Nesta ocasión o alumnado de 6º B realiza un especial informativo sobre a nosa nova "Estación meteorlóxica", instalada recentemente no patio superior do colexio. Con este novo equipamento, froito da participación no programa Meteoescolas, seremos nos mesmos os que tomemos os datos máis representativos da meteoroloxía local que a continuación rexistraremos minuciosamente para o posterior tratamento.

Así que aquí vos deixamos con este monográfico sobre a nosa flamante "Estación meteorolóxica"

 

CLUB DOS SUPERSAUDABLES, MES DE DECEMBRO

Este mes celebramos a “3º edición dos Premios Merendas Saudables”

Como cada mes, as comisións saudables valoran os datos dos calendarios de merendas que ten cada aula do cole e reparten as invitacións do premio.

Nesta ocasión, todas as clases premiadas están invitadas ao “Xogo de pistas de Frianciño”. Unha actividade organizada polo departamento de educación física que combina unha búsqueda do tesouro coa actividade física e o traballo cooperativo.

Seguimos batindo récords de participación!

No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que o mes de decembro foi un mes supersaudable no cole Frian.

 

 

 

GRAZAS PROFE JOSE POLA ACTIVIDADE

E GRAZAS A TODOS E TODAS POR SER TAN SUPERSAUDABLES!

A nosa estación meteorolóxica

En novembro co gallo da celebración do mes da ciencia no cole e aproveitando que este ano o Día da Ciencia en Galego estivo adicado a Baltasar Merino.

Nós, investigamos a este científico galego e descubrimos que ademais de adicarse á botánica tamén foi un gran meteorólogo.

Imitando a Baltasar Merino, fixemos un traballo de botánica catalogando ás arbores que temos no cole. E por outra banda, coñecimos os aparellos meteorolóxicos que utilizou nas súas investigacións sobre o estudo da climatoloxía.

Como este curso estamos no programa de meteoescolas, instalamos a nosa propia estación meteorolóxica.

 

Ao longo desta semana, na hora de biblioteca, visitaremos a estación meteorolóxica para coñecer os aparellos de que consta. E imitando ao noso científico galego, Baltasar Merino, faremos medicións co pluviómetro, termómetro, viraventos e anemómetro.

Ánimo meteorólogos/as, a investigar!

Se queredes, podedes botarlle unha ollada  á seguinte ligazón, donde faciamos a proposta de traballo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/3241

 

 

Apadriñando árbores no cole

En novembro co gallo da celebración do mes da ciencia no cole e aproveitando que este ano o Día da Ciencia en Galego estivo adicado a Baltasar Merino.

Nós, investigamos a este científico galego e descubrimos que foi un botánico do século XIX. Realizou unha das obras pioneiras sobre a flora galega. O seu traballo de recolección abarca moitos concellos de Galicia e quedou rexistrado nas súas publicacións.

Imitando a Baltasar Merino, fixemos un traballo de botánica catalogando ás arbores que temos no cole. Cada aula apadriñou unha árbore e ó longo do curso vai facer o seu seguimento.

Podedes desfrutar do momento no que colgamos a etiqueta da catalogación nas árbores:

Distribuir contido


by Dr. Radut