Este pasado mércores, día 11 de outubro, comezou unha nova andaina das Mochilas Viaxeiras.
Súmase así, esta actividade familiar, à proposta dunha vida máis saudable, que este curso nos plantexamos no cole co Proxecto “Vivindo san no cole Frian”.
A proposta é desfrutar en familia durante 10 días, dos contidos da Mochila Viaxeira, de maneira saudable para o noso saber e coñecemento, porque non se vive de xeito saudable únicamente cunha alimentación i exercicios adecuados, senón tamén “alimentándonos” culturalmente e facendo exercicio co noso cerebro!
Aquí podeses ver as fotos dos primeiros afortunados en comezar esta pequena viaxe...!!!!!
Iniciamos unha nova andaina no traballo da nosa biblioteca. Novo curso 2017/18, novas ideas e novos proxectos para levar a cabo.
Este ano o noso Proxecto Documental Integrado englóbase baixo o lema“ Vivindo san no cole Frian “. Imos traballar hábitos para fomentar na comunidade educativa un estilo de vida máis saudable.
Como é costume na programación da nosa biblioteca, o mes de Outubro está adicado á Formación de Usuarios. Este curso perseguimos uns obxectivos de vida saudable e de mellora das competencias do noso alumnado. Deste xeito a primeira semana de outubro iniciamos a actividade da biblioteca dunha forma especial.
No cole apareceron uns carteis.
Os alumnos e alumnas percorreron os corredores seguindo as frechas para atopar o lugar do cole onde hai moitas vitaminas. Chegaron á biblioteca. E unha vez alí, descubriron que efectivamente, a nosa biblioteca está chea de vitaminas.
E por si fora pouco a emoción de atopar un lugar, na biblioteca había unha carta de Frianciño. Este ano está disposto a mellorar os seus hábitos saudables e para iso crea o
Clube dos Supersaudables. Por suposto que xa nos anotamos todos e todas a ese clube.
Grazas Frianciño e xa somos moitos e moitas do Clube dos Supersaudables!
Os nenos e nenas de educación infantil viviron así esta actividade:
Estamos de noraboa, o colexio foi seleccionado para dúas novas actividades:
Programa de "Introdución á robótica educativa en primaria" que terá especial relevancia nos niveis de 4º, 5º e 6º. Este proxecto dotará ó centro de kits de robótica para uso educativo.
Actividade "Semana STEM" , consiste en proporcionar ao alumnado actividades que lles permita mellorar as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter lúdico-recreativas, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Esta actividade terá de duración unha semana no entorno de Mondariz-Balneario e será totalmente subvencionada pola Consellería. Destinada a 25 alumnos/as de 6º de primaria.
Nas aulas abalar de 5º e 6º comezamos este curso 17/18 co proxecto “Preparados/as, listos/as,...” facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.
En sexto fixemos rimas cos nomes dos países da Unión Europea, cos seus xentilicios e as súas capitais. O noso traballo“Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:
En quinto realizamos unha investigación a partir dos escudos das autonomías; así descubrimos as Comunidades autónomas e as súas provincias. Así quedou: