“NON É NON “, no meu centro.
O meu centro, espacio libre de agresións sexistas.
Sensibilización, Prevención e Acción.
“O Muro contra a Violencia de xénero constrúese ladrillo a ladrillo entre todos/as”
Este mes de novembro co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de xénero, o próximo 24 de novembro faremos un acto conmemorativo no cole. A proposta é a seguinte:
-
Facer un muro simbólico no patio con ladrillos, feitos con envases de tetrabrik, con lemas en contra da violencia de xénero.
-
Cada neno fai o seu ladrillo. Un envase de tetrabrik forrado cun folio. O folio pode estar decorado libremente.
-
O lema do cole é : “ NON É NON” . Explicámoslle ao alumnado o seu significado e ademais cada clase inventa o seu propio lema.
-
Traballamos ó longo da semana a canción “Son muller” do grupo Máis boas cás patacas, formado por rapazas gañadoras do III Certame musical xuvenil da Deputación da Coruña. A canción reivindica a liberdade da muller fronte aos estereotipos sexistas.
Preme na imaxe para escoitar a canción
A súa letra ímola traballar como un tipo de texto:
Máis información:
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Eliminaci%C3%B3n_de_la_Violencia_contra_la_Mujer