Skip to Content

Cross de Zamáns XOGADE 24-25

Xa fai case un mes que fomos ao Cross de Zamáns organizado novamente polo XOGADE, e botando a vista atrás, lembramos con moita ledicia o ben que o pasamos e a sorte que tivemos, porque foi o primeiro día de sol despois dunhas semanas intensas de choiva.


Foi unha maña de moita actividade, nervios pola competición e por atoparnos con outros coles, quecemento previo a carreira, ánimos aos compañeiros que corrían e por suposto a carreira en si. Os resultados foron o menos importante dun día marabilloso onde o alumnado gañou a medalla de ouro en bo comportamento e actitude.

 



page | by Dr. Radut