D.O

XESTIONANDO AS NOSAS EMOCIÓNS

Para aprender a xestionar as emocións é importante coñecer as áreas que compoñen o noso cerebro. Básicamente consta de tres partes:

  • O cerebro humano (córtex) responsable da linguaxe e da aprendizaxe.
  • O cerebro mamífero (sistema límbico) responsable das emocións e dos estados de ánimo.
  • O cerebro reptiliano, a parte máis antiga do noso cerebro, responsable do noso instinto de supervivencia e das nosas pulsións máis básicas.Ao longo da nosa evolución este cerebro foi o que nos permitiu sobrevivir nun medio natural hostil. Pero o noso medio actual nada ten que ver co de fai dous millóns de anos e aí é onde poden vir os problemas si deixamos que o noso cerebro reptiliano tome o poder.

No cerebro mamífero é onde se atopa a admígala responsable de xestionar as emocións. Importantísima para poder convivir adecuadamente cos demais xa que nos proporciona o autocontrol emocional que precisamos para vivir en sociedade. O problema vén cando unha situación estresante apóderase de nós facendo que a admígala se active e non funcione correctamente provocando unha resposta descontrolada e impulsiva que non queremos. Polo tanto se queremos ter o control das nosas emocións interésanos que sexa o sistema límbico (cerebro mamífero) quen se impoña sobre o cerebro reptiliano.

Julie Bayer Salzman e Josh Salzman fixeron un fermoso video no que aparecen unha serie de nenos e nenas que nos falan de cómo se sinten cando se enoxan e do que fan para xestionar as súas emocións. Simplemente respira, que é como así se titula o vídeo fálanos de como as emocións afectan ás diferentes partes do cerebro e ademáis nos revelan un truco para aprender a ser os donos das nosas emocións. Recoméndovos encarecidamente vexades o vídeo, é moi curtiño, non chega aos catro minutos.


 

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

CEIP FREI LUIS POLA DIVERSIDADE

O domingo día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Personas con Discapacidade e este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas" co que tratamos de dar visibilidade ás dificultades cas que se atopan as persoas que teñen algún tipo de discapacidade co obxecto de sensibilizar a toda a sociedade no apoio a súa dignidade, dereitos e benestar.

 

A nena que quería navegar

"A nena que quería navegar" trata o tema do acoso escolar ou bullying. Nel contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empuxóns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñas, xogos e cancións, mostrándolle que dentro de cada un de nós escóndese un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos capaces de conseguir todo o que nos propoñamos.

 


 

Distribuir contido