XESTIONANDO AS NOSAS EMOCIÓNS
Para aprender a xestionar as emocións é importante coñecer as áreas que compoñen o noso cerebro. Básicamente consta de tres partes:
- O cerebro humano (córtex) responsable da linguaxe e da aprendizaxe.
- O cerebro mamífero (sistema límbico) responsable das emocións e dos estados de ánimo.
- O cerebro reptiliano, a parte máis antiga do noso cerebro, responsable do noso instinto de supervivencia e das nosas pulsións máis básicas.Ao longo da nosa evolución este cerebro foi o que nos permitiu sobrevivir nun medio natural hostil. Pero o noso medio actual nada ten que ver co de fai dous millóns de anos e aí é onde poden vir os problemas si deixamos que o noso cerebro reptiliano tome o poder.
No cerebro mamífero é onde se atopa a admígala responsable de xestionar as emocións. Importantísima para poder convivir adecuadamente cos demais xa que nos proporciona o autocontrol emocional que precisamos para vivir en sociedade. O problema vén cando unha situación estresante apóderase de nós facendo que a admígala se active e non funcione correctamente provocando unha resposta descontrolada e impulsiva que non queremos. Polo tanto se queremos ter o control das nosas emocións interésanos que sexa o sistema límbico (cerebro mamífero) quen se impoña sobre o cerebro reptiliano.
Julie Bayer Salzman e Josh Salzman fixeron un fermoso video no que aparecen unha serie de nenos e nenas que nos falan de cómo se sinten cando se enoxan e do que fan para xestionar as súas emocións. Simplemente respira, que é como así se titula o vídeo fálanos de como as emocións afectan ás diferentes partes do cerebro e ademáis nos revelan un truco para aprender a ser os donos das nosas emocións. Recoméndovos encarecidamente vexades o vídeo, é moi curtiño, non chega aos catro minutos.