INFORMACIÓN

INFORMACIÓN XERAL

 

Para os tramites no centro, de secretaría, dirección..etc, deberase solicitar cita previa, agás que haxa indicacións específicas na web do centro.

 

Limitaranse ao máximo posible o emprego de documentos en papel, e a súa circulación.

Para o envío de información e comunicacións , empregaranse, na medida do

posible, os medios telemáticos citados: teléfono, correo electrónico e web do centro.

De igual maneira a xustificación de faltas, na medida do posible farase directamente co/as titor/as pola plataforma abalarMóbil.

 

# (11.5) .... con carácter xeral, e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo.

 

Horario de secretaría presencial 09:00 - 14:00h.

 

# Cando unha familia necesite recoller ou traer en horario lectivo ao seu fillo/a chamará con anterioridade por teléfono ao centro,

Frei Luís tfno: 982 87 08 38

previa comunicación á titora, para axilizar ao máximo a recollida.

O acceso e a recollida recomendamos que se faga nun cambio de clase. Consultade os horarios dos vosos fillos/as.

 

Deberemos manter distancias mínimas de seguridade de polo menos 2 metros, tanto nos accesos como nos espazos de atención ao público, para evitar a acumulación de persoas nas zonas de acceso, espera e atención ao público.

 

CANLES DE COMUNICACIÓN:

 

               

 

Nos teléfonos do centro,así como mediante o @-correo electrónico, que figuran na web, estaremos en contacto para resolver ou aclarar dúbidas que poidan xurdir.

 

No caso de querer reunión coa vosa titor/a,e non vos sexa posible comunicarvos por abalarMóbil con el/a, tamén podes pedir cita a través da secretaría.

 

Recordarvos que se facilita moito a recepción de correspondencia por correo electrónicos e indicades o asunto da vosa consulta,   e se facilitades o nome do alumno/a e nivel e grupo no que se escolariza.

A páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfreiluisgranada/será o mecanismo de comunicación administrativa xeral coas familias.

No blog http://freiluisdegranada.blogspot.com/colocaremos as dinámicas de actividades escolares complementarias e extraescolares que se fan na nosa escola.

E no blog http://bibliotecaceipfreiluis.blogspot.com/actualizaremos e facilitaremos o contacto coalectura.

Recomendamos que esteades pendentes das novidades que vaiamos publicando.

 

 

 

Distribuir contido