INFORMACIÓN XERAL
Para os tramites no centro, de secretaría, dirección..etc, deberase solicitar cita previa, agás que haxa indicacións específicas na web do centro.
Limitaranse ao máximo posible o emprego de documentos en papel, e a súa circulación.
Para o envío de información e comunicacións , empregaranse, na medida do
posible, os medios telemáticos citados: teléfono, correo electrónico e web do centro.
De igual maneira a xustificación de faltas, na medida do posible farase directamente co/as titor/as pola plataforma abalarMóbil.
# (11.5) .... con carácter xeral, e salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo.
Horario de secretaría presencial 09:00 - 14:00h.
# Cando unha familia necesite recoller ou traer en horario lectivo ao seu fillo/a chamará con anterioridade por teléfono ao centro,
Frei Luís tfno: 982 87 08 38
previa comunicación á titora, para axilizar ao máximo a recollida.
O acceso e a recollida recomendamos que se faga nun cambio de clase. Consultade os horarios dos vosos fillos/as.
Deberemos manter distancias mínimas de seguridade de polo menos 2 metros, tanto nos accesos como nos espazos de atención ao público, para evitar a acumulación de persoas nas zonas de acceso, espera e atención ao público.
CANLES DE COMUNICACIÓN:
Nos teléfonos do centro,así como mediante o @-correo electrónico, que figuran na web, estaremos en contacto para resolver ou aclarar dúbidas que poidan xurdir.
No caso de querer reunión coa vosa titor/a,e non vos sexa posible comunicarvos por abalarMóbil con el/a, tamén podes pedir cita a través da secretaría.
Recordarvos que se facilita moito a recepción de correspondencia por correo electrónicos e indicades o asunto da vosa consulta, e se facilitades o nome do alumno/a e nivel e grupo no que se escolariza.
A páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfreiluisgranada/será o mecanismo de comunicación administrativa xeral coas familias.
No blog http://freiluisdegranada.blogspot.com/colocaremos as dinámicas de actividades escolares complementarias e extraescolares que se fan na nosa escola.
E no blog http://bibliotecaceipfreiluis.blogspot.com/actualizaremos e facilitaremos o contacto coalectura.
Recomendamos que esteades pendentes das novidades que vaiamos publicando.