AVISOS
LUDOTECA DE VERÁN : "DENDE SARRIA CARA Ó MUNDO"
Enviado por Anónimo o Sáb, 01/06/2024 - 10:15
O Concello de Sarria pon en marcha, no marco do Programa de Conciliación Sarria Concilia, a ludoteca de verán “Dende Sarria cara o mundo”.
Unha ludoteca de lecer e tempo libre dirixida preferentemente aos fillos e fillas das familias traballadoras, nados entre os anos 2014 e 2020 (ambos inclusive).
Obxectivo: Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, potenciando o desenvolvemento integral das e dos menores participantes a través dunha programación que combina xogo, actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo.
Pedagoxía do lecer:
- Educación en igualdade.
- Actividades de proveito e saudables para a poboación de educación infantil e primaria.
Fomento da igualdade de xénero:
- Eliminación das desigualdades.
- Abordaxe destes temas con actividades transversais e específicas.
Equipo técnico especializado en:
- Animación sociocultural.
- Actividades de lecer e tempo libre.
- Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Medidas de igualdade: O Concello de Sarria adoptará todas as medidas pertinentes para asegurar unha participación en igualdade de condicións no acceso ao programa e ás actividades programadas.
Inscripcións do 3 ao 7 de xuño. Máis info na web do Concello.