D.O

21 de Marzo, Día Mundial do Síndrome de Down

Para celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down este ano, DOWN ESPAÑA lanza ‘"Auténticos"’, a súa nova campaña para aumentar a visibilización das persoas con esta discapacidade intelectual e, desta forma, mellorar a súa inclusión social.

Esta campaña busca reflectir a autenticidade das persoas con síndrome de Down, a súa naturalidade e espontaneidade. O auténtico é o que non ten imitación, o xenuíno, o que se mostra tal e como é, sen artificios. Os protagonistas expoñen o seguinte: " Non somos un bicho raro, non somos enfermos, somos persoas" . "Sen medo ao diferente, ao descoñecido". " estamos aquí para loitar xuntos cara ao futuro".

Por outra banda, en Youtube xurdiu unha bonita iniciativa na que 50 nais cantan no coche xunto aos seus fillos para apoiar o Día Mundial do síndrome de Down. Nais e fillos cantan xuntos o tema "A thousand Years", de Christina Perri, e fano en makaton, un sistema de comunicación que combina a linguaxe de signos coa voz falada. Moitas das nais do grupo aprendérono vendo vídeos de Singing Hands, que aplican terapia musical para mellorar a comunicación con nenos con diferentes minusvalías.


 

8 de Marzo Día da Muller Traballadora

A piques está a chegar o día 8 de marzo, unha xornada especial porque representa a loita das mulleres en todo o mundo en conmemoración do cabodano da morte de 146 mulleres obreiras na fábrica de textil Cotton, en Nova Iorque, por defenderen os seus dereitos. Morreron calcinadas nun incendio provocado por bombas incendiarias que lles lanzaron por negarse a abandoar o encerro que fixeran na fábrica para protestar polas pésimas condicións laborais ás que as sometían. Entre as súas reclamacións estaban: reducción da xornada a 10 horas, descanso dominical e igual salario por igual traballo ca os homes.

En homenaxe a aquelas traballadoras do téxtil, as mulleres militantes europeas fixaron o día 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

No noso centro educativo a través dos diferentes plans educativos traballamos por unha educación en valores co fin de lograr unha sociedade máis igualitaria e xusta que rompa cos derroteiros de desigualdade e preveña contra a violencia exercida cara ás mulleres.

Nas seguintes ligazóns pódense descargar algúns recursos, dirixidos aos alumnos de Educación Infantil e Primaria, para traballar estes días de cara ao día da Muller Traballadora.

 Caderno de educación en valores "Nosoutras creamos mundo" (Infantil-primaria)

 

Unidade Didáctica ·El juego y el juguete" (Educación Infantil)

 

Unidade Didáctica "Las personas trabajan" (Educación Infantil)

Unidade didáctica "O conto da nena que quixo contar outra historia" (primaria)

Unidade didáctica "Coeducación desde la corresponsabilidad paterna" (infantil-primaria)

 

Emotiva carta dunha nai a súa familia cansa xa de ser a "raíña" da casa. Carta dunha nai a súa familia (5º-6º curso de primaria)


 

 

MINDFULNESS PARA NENOS. TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA

Ao longo da nosa evolución os procesos de selección natural  moldearon a nosa maquinaria emocional para maximizar as nosas probabilidades de supervivencia (e reprodución) nunha contorna moi diferente á actual. No mundo moderno, as nosas respostas emocionais preprogramadas non son necesariamente as máis apropiadas. Para mellorar a nosa efectividade, necesitamos adaptar o noso cableado ancestral á realidade actual.

Neste sentido a meditación pode ser unha importante estratexia, non só como técnica de relaxación senón tamén para moldear o noso cerebro. Na súa esencia, a meditación é o estudo da mente e os seus contidos, e á cualidade da mente que se cultiva mediante a súa práctica coñéceselle como mindfulness ou atención plena.


No libro titulado “Tranquilos e Atentos como unha ra”, podemos atopar unha guía para adentrarse no mundo do “Mindfulness”, a atención plena, o estar presentes. “Tranquilos e atentos como unha ra” (editorial Kairós) ofrece historias e exercicios simples e breves que os nenos poderán practicar a diario. Está dirixido a nenos de 5 a 12 anos e aos seus pais, que poden acompañalos na súa práctica. Inclúe un CD con meditacións guiadas. A autora, Eline Snel, baseou as súas técnicas no método de mindfulness desenvolvido por Jon Kabat- Zinn. Os resultados demostraron que os nenos que practican estes exercicios dormen mellor, están máis concentrados e serenos e se senten máis seguros.

Segundo a autora “o mindfulness dálles dende pequenos unha visión de como funciona a súa cabeza, de como se distraen e de como poden influír na súa propia mente para estar máis tranquilos e ser máis conscientes. Tamén aprenden como manexar os momentos de tensións. Algúns nenos rumian moito as cousas e teñen pensamentos dolorosos. O mindfulness axúdalles a concentrarse na súa respiración, no canto de estar a se preocupar”.


 

Distribuir contido