MINDFULNESS PARA NENOS. TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA
Ao longo da nosa evolución os procesos de selección natural moldearon a nosa maquinaria emocional para maximizar as nosas probabilidades de supervivencia (e reprodución) nunha contorna moi diferente á actual. No mundo moderno, as nosas respostas emocionais preprogramadas non son necesariamente as máis apropiadas. Para mellorar a nosa efectividade, necesitamos adaptar o noso cableado ancestral á realidade actual.
Neste sentido a meditación pode ser unha importante estratexia, non só como técnica de relaxación senón tamén para moldear o noso cerebro. Na súa esencia, a meditación é o estudo da mente e os seus contidos, e á cualidade da mente que se cultiva mediante a súa práctica coñéceselle como mindfulness ou atención plena.
No libro titulado “Tranquilos e Atentos como unha ra”, podemos atopar unha guía para adentrarse no mundo do “Mindfulness”, a atención plena, o estar presentes. “Tranquilos e atentos como unha ra” (editorial Kairós) ofrece historias e exercicios simples e breves que os nenos poderán practicar a diario. Está dirixido a nenos de 5 a 12 anos e aos seus pais, que poden acompañalos na súa práctica. Inclúe un CD con meditacións guiadas. A autora, Eline Snel, baseou as súas técnicas no método de mindfulness desenvolvido por Jon Kabat- Zinn. Os resultados demostraron que os nenos que practican estes exercicios dormen mellor, están máis concentrados e serenos e se senten máis seguros.
Segundo a autora “o mindfulness dálles dende pequenos unha visión de como funciona a súa cabeza, de como se distraen e de como poden influír na súa propia mente para estar máis tranquilos e ser máis conscientes. Tamén aprenden como manexar os momentos de tensións. Algúns nenos rumian moito as cousas e teñen pensamentos dolorosos. O mindfulness axúdalles a concentrarse na súa respiración, no canto de estar a se preocupar”.