D.O

ClassDojo. Para crear condutas positivas na aula.

Class Dojo é unha das ferramentas de gamificación educativa que máis éxito está a ter en todo o mundo, e que en agosto de 2015 superou xa os 35 millóns de usuarios. Esta aplicación ofrece interesantes estratexias para o control da conduta e do orde na clase como son o carné por puntos, o semáforo do ruido ou os puntos positivos e negativos que se xeneran nunha folla de rexistro.

O seu obxectivo é permitir ao profesor xestionar unha aula escolar en base a puntuacións sobre o comportamento dos cativos, ofrecendo unha interface aberta, moi atractiva e sinxela de usar e que, ademais, é personalizable ás necesidades de cada aula, de cada materia e de cada profesor. Se un alumno fai un traballo brillante gañará puntos; por contra, se molesta aos compañeiros, poderemos restarllos á súa conta. E isto son só un par de exemplos: en ClassDojo, o docente é o que decide que suma, que resta e en que contías, e, por suposto, del depende a asignación de todos estes puntos. 

Cando se crea por primeira vez unha aula, existen unha serie de insignias predeterminadas e que poden empezar a utilizarse. Son xenéricas: "Na tarefa", "Participando", "Persistente", "Traballando duro" (serían as condutas positivas), pola contra "Irrespetuoso", "Sen deberes feitos", "Falando fóra da súa quenda" (negativas). O mellor de todo é que o docente pode personalizar todos estes comportamentos como considere necesario, variando os xa existentes ou asignando outros novos. Ademais, pódese modificar o número de puntos que suma/resta ao alumno, nunha escala entre 1 e 5.


Outra opción de modificación de conduta á que podemos recorrer  son as táboas de puntos.

Esta ferramenta consiste en seleccionar aquelas condutas que se van a reforzar positivamente cando aparezan, asignándolle un punto, un adhesivo ou unha carita alegre. Trátase ao fin e cabo de empregar algún reforzador.

Cando as condutas seleccionadas son reforzadas de forma axeitada, aumenta a probabilidade de que volvan aparecer en situacións semellantes.

 

APRENDEMOS MENTRES DURMIMOS

Xa sabíamos da importancia dun bon descanso para atoparnos ben  tanto a nivel físico coma mental. De feito, hai diversos estudos científicos que avalan a importancia dun soño reparador para gozar dunha boa saúde. Pero non só para gozar dunha boa saúde senón tamén dunha boa capacidade cognitiva. Un destes estudos, publicado na revista científica Developmental Science, conclúe que cando os nenos durmen o suficiente mellora a adquisición das súas habilidades cognitivas. A doutora Lisa Henderson, que levou a cabo esta investigación, sinala que se non durmimos o suficiente, é moi difícil aprender cousas novas xa que non existe unha limpeza nas conexión sinápticas das nosas neuronas.

Noutra investigación de científicos da Universidade de Notre Dame e do Boston College viron nos seus grupos de sujetos investigados que a memoria do aprendido era superior naqueles individuos que durmían o suficiente fronte aqueles que durmían horas insuficientes.

Conclusións semellantes arroxou tamén a investigación desenvolvida no Instituto alemán de Psicoloxía Médica e Neurobiología do Comportamento da Universidade de Tübingen e publicado na revista Nature Neuroscience comprobou que o soño lles permite aos nenos transformar o que aprenderon de maneira inconsciente en coñecemento activo. Ines Wilhelm, responsable desta investigación afirma que un bo descanso pola noite “impulsa o almacenamento do saber”. No seu experimento formaron grupos de nenos entre 8 e 11 anos para examinar a capacidade para construir coñecemento explícito a partir de algo implícito e comprobaron que aqueles que durmiran podían lembrar máis elementos dunha fila de números que quenes non o  fixeran. Ademais os nenos amosaron maior capacidade para as tarefas asignadas.

Concluíndo, favorecer un bo descanso nos nosos nenos é fundamental non só para a súa saúde senón tamén para favorecer o seu proceso de aprendizaxe.

Tolerar a frustración

Cada vez son máis as voces que sinalan a necesidade de ensinar na escola intelixencia emocional. O psicólogo Daniel Goleman define  a  intelixencia emocional como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos, así como os alleos, de motivarnos e de saber manexar as emocións".

A nosa sociedade está cada vez máis infantilizada, incapacitada para soportar calquer carga, responsabilidade ou frustración. Cada vez nos custa máis conectar co noso entorno e elo xenéranos frustración.

Ao longo da vida os nenos van ter que comprobar como moitos dos seus desexos cumpriranse pero moitos outros non. Cando un é neno esto pode ser particularmente problemático sobre todo se ten un entorno cun exceso de sobreprotección. Hai que ter en conta que na etapa infantil os nenos pasan por unha fase egocéntrica na que pensan que o mundo xira ao seu redor e que merecen todo canto se lles antoxe. O malo é que moitas veces é así e conseguen inmediatamente todo o que piden.

O único que consegueremos satisfacendo ao momento todas as súas demandas é nenos impacientes e egoístas, incapaces de pensar nos desexos e necesidades dos que lles rodean. E que cando por fin chegue o momento nas súas vidas de enfrontarse a unha situación adversa, na que non conseguen o que queren, lles embargue un profundo sentimento de frustración ao cal non saben darlle unha resposta axeitada.

Con máis frecuencia da desexada os adultos tendemos a intentar satisfacer todos os desexos dos nenos para así evitar que se sintan frustrados. Con esto logramos salvar a situación presente pero a longo prazo o único que conseguimos é entorpecer o desarrollo integral como persoa do neno. E nun futuro cando sexan adultos deberán enfrontarse tanto a situacións de éxito como de fracaso. E esto é preocupante porque hai moitos psicológos, entre eles os psicoterapeutas Dollard e Miller, que opinan que senón ensinamos aos nenos a aceptar os fracasos é moi posible que desenvolvan unha actitude agresiva como válvula de escape a esa frustración que non aprenderon a manexar.

Algúns pais intentar evitar as situacións que provocan frustración aos seus fillos e acaban por converter calquer fracaso do neno nun éxtito. Se queremos nenos con maior capacidade de frustración é preciso que os pais eviten a sobreprotección e non abusar da permisividade. Esta conduta permisiva maniféstase cada vez que cedemos ante calquer demanda do neno de forma que este se sae sempre co que quere e nunca ten que enfrontarse a situacións adversas ou frustrantes.

Por elo é fundamental que ensinemos dende as escolas estratexias para aprender a tolerar a frustración. Deste xeito estaremos dotando de ferramentas aos cativos para que saiban enfrentarse de xeito positivo ás diferentes situacións que se lles presentarán na vida.

A frustración non deixa de ser unha emoción que xurde cando un desexo non se cumpre ou non se satisface. Cando isto ocorre os nenos poden reaccionar de diferentes xeitos como por exemplo anoxarse, entristecerse, angustiarse... Cada un reaccionará ante estos feitos de manera diferente para dar saída a un sentimento de frustración que non saben xestionar.

Deben adquirir unha maior capacidade de frustración e elo implica ser capaces de enfrontarse ás situacións problemáticas cas que se atopen ao longo da vida. Trátase de desenvolver unha actitude resiliente, é dicir, ver esas limitacións como unha oportunidade para ser mellores, para enfrontarse a elas e superalas modificando así a actitude. Trátase ao fin e ao cabo de percibir os problemas como desafíos que temos que superar facéndonos mellores e emocionalmente máis fortes.

Marta Vázquez danos unha serie de consellos moi útiles para dotar aos nenos dunha maior capacidade de frustración:

1. Non darlle todo feito: se se lle facilita todo ao neno e non se lle permite facer as cousas a el por si mesmo, é difícil que poida equivocarse e aprender así a enfrontarse ao fracaso.

2. Non ceder ante ás súas rabietas: as situacións frustrantes derivan en moitos casos en berrinches e rabietas. Se os pais ceden ante elas, o pequeno aprenderá que esa é a forma máis efectiva de resolver os problemas.

3. Ser exemplo para os fillos: a actitude positiva dos pais á hora de afrontar as dificultades é o mellor exemplo para que os seus fillos aprendan a liquidar os seus problemas.

4. Educarlle no esforzo: é necesario ensinar ao neno que é necesario esforzarse; así aprenderá que o esforzo é en moitas ocasións a mellor vía para resolver algúns dos seus fracasos.

5. Marcarlle obxectivos razoables: hai que ensinar ao neno para tolerar a frustración poñéndolle obxectivos realistas, pero sen esixirlle que se enfronte a situacións que, pola súa idade ou madurez, sexa incapaz de afrontar.

6. Converter a frustración en aprendizaxe: as situacións problemáticas son unha excelente oportunidade para que o pequeno aprenda cousas novas e retéñaas. Desta forma, poderá afrontar el por si mesmo o problema cando volva presentarse.

7. Ensinarlle a ser perseverante: a perseveranza é esencial para superar situacións adversas. Se o neno aprende que sendo constante pode solucionar moitos dos seus problemas, saberá controlar a súa frustración noutras ocasións.

Unha iniciativa que me pareceu moi interesante é a impulsada por ensietepasos.com, que son especialistas en Gordon Training, e teñen canle propio en youtube onde podemos atopar interesantes videos con pautas para aprender a relacionarnos dunha forma respetuosa, comprendendo as nosas  emocións e as dos demais así como resolver moitos conflitos que xurden a cotío.

Deixo un video que ilustra perfectamente unha situación na que un neno entra en cólera despois de experimentar un sentimento de frustración e dannos  consellos moi útiles para saber resolver con éxito este tipo de conflictos. Aborda tamén un concepto moi a ter en conta nestas situacións como é o impacto psicológico por inundación emocional no que a mente racional desconéctase e non atende a ningún tipo de razóns por moi lóxicas que sexan e si o interlocutor continúa a esgrimir argumentos o único que consegue e aumentar aínda máis a ira do neno.

 

Distribuir contido