Tolerar a frustración

Cada vez son máis as voces que sinalan a necesidade de ensinar na escola intelixencia emocional. O psicólogo Daniel Goleman define  a  intelixencia emocional como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos, así como os alleos, de motivarnos e de saber manexar as emocións".

A nosa sociedade está cada vez máis infantilizada, incapacitada para soportar calquer carga, responsabilidade ou frustración. Cada vez nos custa máis conectar co noso entorno e elo xenéranos frustración.

Ao longo da vida os nenos van ter que comprobar como moitos dos seus desexos cumpriranse pero moitos outros non. Cando un é neno esto pode ser particularmente problemático sobre todo se ten un entorno cun exceso de sobreprotección. Hai que ter en conta que na etapa infantil os nenos pasan por unha fase egocéntrica na que pensan que o mundo xira ao seu redor e que merecen todo canto se lles antoxe. O malo é que moitas veces é así e conseguen inmediatamente todo o que piden.

O único que consegueremos satisfacendo ao momento todas as súas demandas é nenos impacientes e egoístas, incapaces de pensar nos desexos e necesidades dos que lles rodean. E que cando por fin chegue o momento nas súas vidas de enfrontarse a unha situación adversa, na que non conseguen o que queren, lles embargue un profundo sentimento de frustración ao cal non saben darlle unha resposta axeitada.

Con máis frecuencia da desexada os adultos tendemos a intentar satisfacer todos os desexos dos nenos para así evitar que se sintan frustrados. Con esto logramos salvar a situación presente pero a longo prazo o único que conseguimos é entorpecer o desarrollo integral como persoa do neno. E nun futuro cando sexan adultos deberán enfrontarse tanto a situacións de éxito como de fracaso. E esto é preocupante porque hai moitos psicológos, entre eles os psicoterapeutas Dollard e Miller, que opinan que senón ensinamos aos nenos a aceptar os fracasos é moi posible que desenvolvan unha actitude agresiva como válvula de escape a esa frustración que non aprenderon a manexar.

Algúns pais intentar evitar as situacións que provocan frustración aos seus fillos e acaban por converter calquer fracaso do neno nun éxtito. Se queremos nenos con maior capacidade de frustración é preciso que os pais eviten a sobreprotección e non abusar da permisividade. Esta conduta permisiva maniféstase cada vez que cedemos ante calquer demanda do neno de forma que este se sae sempre co que quere e nunca ten que enfrontarse a situacións adversas ou frustrantes.

Por elo é fundamental que ensinemos dende as escolas estratexias para aprender a tolerar a frustración. Deste xeito estaremos dotando de ferramentas aos cativos para que saiban enfrentarse de xeito positivo ás diferentes situacións que se lles presentarán na vida.

A frustración non deixa de ser unha emoción que xurde cando un desexo non se cumpre ou non se satisface. Cando isto ocorre os nenos poden reaccionar de diferentes xeitos como por exemplo anoxarse, entristecerse, angustiarse... Cada un reaccionará ante estos feitos de manera diferente para dar saída a un sentimento de frustración que non saben xestionar.

Deben adquirir unha maior capacidade de frustración e elo implica ser capaces de enfrontarse ás situacións problemáticas cas que se atopen ao longo da vida. Trátase de desenvolver unha actitude resiliente, é dicir, ver esas limitacións como unha oportunidade para ser mellores, para enfrontarse a elas e superalas modificando así a actitude. Trátase ao fin e ao cabo de percibir os problemas como desafíos que temos que superar facéndonos mellores e emocionalmente máis fortes.

Marta Vázquez danos unha serie de consellos moi útiles para dotar aos nenos dunha maior capacidade de frustración:

1. Non darlle todo feito: se se lle facilita todo ao neno e non se lle permite facer as cousas a el por si mesmo, é difícil que poida equivocarse e aprender así a enfrontarse ao fracaso.

2. Non ceder ante ás súas rabietas: as situacións frustrantes derivan en moitos casos en berrinches e rabietas. Se os pais ceden ante elas, o pequeno aprenderá que esa é a forma máis efectiva de resolver os problemas.

3. Ser exemplo para os fillos: a actitude positiva dos pais á hora de afrontar as dificultades é o mellor exemplo para que os seus fillos aprendan a liquidar os seus problemas.

4. Educarlle no esforzo: é necesario ensinar ao neno que é necesario esforzarse; así aprenderá que o esforzo é en moitas ocasións a mellor vía para resolver algúns dos seus fracasos.

5. Marcarlle obxectivos razoables: hai que ensinar ao neno para tolerar a frustración poñéndolle obxectivos realistas, pero sen esixirlle que se enfronte a situacións que, pola súa idade ou madurez, sexa incapaz de afrontar.

6. Converter a frustración en aprendizaxe: as situacións problemáticas son unha excelente oportunidade para que o pequeno aprenda cousas novas e retéñaas. Desta forma, poderá afrontar el por si mesmo o problema cando volva presentarse.

7. Ensinarlle a ser perseverante: a perseveranza é esencial para superar situacións adversas. Se o neno aprende que sendo constante pode solucionar moitos dos seus problemas, saberá controlar a súa frustración noutras ocasións.

Unha iniciativa que me pareceu moi interesante é a impulsada por ensietepasos.com, que son especialistas en Gordon Training, e teñen canle propio en youtube onde podemos atopar interesantes videos con pautas para aprender a relacionarnos dunha forma respetuosa, comprendendo as nosas  emocións e as dos demais así como resolver moitos conflitos que xurden a cotío.

Deixo un video que ilustra perfectamente unha situación na que un neno entra en cólera despois de experimentar un sentimento de frustración e dannos  consellos moi útiles para saber resolver con éxito este tipo de conflictos. Aborda tamén un concepto moi a ter en conta nestas situacións como é o impacto psicológico por inundación emocional no que a mente racional desconéctase e non atende a ningún tipo de razóns por moi lóxicas que sexan e si o interlocutor continúa a esgrimir argumentos o único que consegue e aumentar aínda máis a ira do neno.