D.O
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL-AFECTIVO PARA ALUMNOS CON PROBLEMAS DE CONDUTA, NOVA GUÍA
Enviado por Anónimo o Ven, 06/10/2017 - 18:51
O Instituto de Educación de Aguascalientes (México) editou unha guía práctica que busca ofrecer aos profesionais do ámbito educativo, unha alternativa para abordar os problemas de conduta en Educación Primaria.
O documento está dirixido principalmente a psicólogos educativos, aínda que os autores sinalan que pode ser de utilidade a profesores de educación ordinaria e especial, así como a traballadores sociais.
A guía estrutúrase en catro capítulos a través dos cales se abordan diversos temas, tales como os problemas de conduta e a súa conceptualización, o papel do psicólogo no ámbito educativo ou o xogo como recurso metodolóxico para solucionar os problemas de conduta, e establécese unha serie de programas para o desenvolvemento social-afectivo, ordenados en función da idade e o curso escolar.
O manual inclúe tamén recomendacións para o manexo dos problemas de conduta, dirixidas a profesores de Educación Primaria.
Azucre camuflado
Enviado por Anónimo o Xov, 05/10/2017 - 19:21A Organización Mundial da Saúde (OMS) puxo no seu punto de mira ao azucre como inimigo público número 1 dos sistemas de saúde occidentais, aconsellando incluso aos gobernos a que graven con impostos aqueles alimentos con altos contidos de azucre. Alerta o seu consumo esaxerado como causante da epidemia de obesidade e diabetes no primeiro mundo. Por elo aconsella que o consumo de azucre debería estar por debaixo do 5% do aporte calórico, o que vería a ser aproximadamente seis cucharadas de azucre (25gr.)
O problema está en que moitos dos alimentos que inxerimos ignoramos se teñen ou non azucre e en que cantidades está presente. Por esta razón un fotógrafo, Antonio Rodríguez Estrada impulsou un iniciativa SinAzúcar.org para que abramos os ollos e descubramos a cantidade inxente de azucre que estamos a consumir. A cousa é tan simple e impactante á vez coma ver os produtos que habitualmente consumimos acompañados da cantidade de azucre que conteñen en terróns. O máis preocupante é que os productos que máis azucre teñen son precisamente os dirixidos aos máis cativos.
Semella inexplicable que non nos estemos a dar conta de como podemos consumir tanto azucre pero tal e como comenta Estrada “Una de las consecuencias del abuso del azúcar es la subida del umbral de sabor dulce. Cada vez necesitamos más para que algo nos sepa bien. Si educamos desde pequeños nuestro paladar con batidos, yogures azucarados o refrescos, cuando somos adultos un café con 20 terrones de azúcar nos resulta delicioso”.
Hoxe celébrase o Día Mundial da Dislexia
Enviado por Anónimo o Xov, 05/10/2017 - 17:54
Hoxe 5 de outubro de 2017 celébrase o Día Europeo da Dislexia. Con este motivo, na primeira semana de outubro asociacións, colexios e outras institucións de toda Europa celebran actividades para dar a coñecer a dislexia.
"A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que se caracteriza por unha dificultade significativa na aprendizaxe da lectura e da escritura, en ausencia de alteracións neurolóxicas e/ou sensoriais que o xustifiquen, recibindo previamente oportunidades escolares para a súa aprendizaxe.
Afecta principalmente ao proceso lector e escritor, aínda que tamén pode haber outras áreas alteradas en maior ou menor medida, como son a memoria de traballo, a atención, a coordinación, a percepción e a orientación espazo temporal. Como consecuencia e en resposta ao contexto (escolar, familiar, social, etc.) pode aparecer unha sintomatoloxía secundaria leve, moderada ou severa: falta de confianza, baixa autoestima, ansiedade, depresión, frustración, trastornos do soño, trastornos da alimentación, trastornos do comportamento, somatizacións, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »