Hoxe celébrase o Día Mundial da Dislexia

 

Hoxe 5 de outubro de 2017 celébrase o Día Europeo da Dislexia. Con este motivo, na primeira semana de outubro asociacións, colexios e outras institucións de toda Europa celebran actividades para dar a coñecer a dislexia.

"A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que se caracteriza por unha dificultade significativa na aprendizaxe da lectura e da escritura, en ausencia de alteracións neurolóxicas e/ou sensoriais que o xustifiquen, recibindo previamente oportunidades escolares para a súa aprendizaxe.

Afecta principalmente ao proceso lector e escritor, aínda que tamén pode haber outras áreas alteradas en maior ou menor medida, como son a memoria de traballo, a atención, a coordinación, a percepción e a orientación espazo temporal. Como consecuencia e en resposta ao contexto (escolar, familiar, social, etc.) pode aparecer unha sintomatoloxía secundaria leve, moderada ou severa: falta de confianza, baixa autoestima, ansiedade, depresión, frustración, trastornos do soño, trastornos da alimentación, trastornos do comportamento, somatizacións, etc.