PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL-AFECTIVO PARA ALUMNOS CON PROBLEMAS DE CONDUTA, NOVA GUÍA
O Instituto de Educación de Aguascalientes (México) editou unha guía práctica que busca ofrecer aos profesionais do ámbito educativo, unha alternativa para abordar os problemas de conduta en Educación Primaria.
O documento está dirixido principalmente a psicólogos educativos, aínda que os autores sinalan que pode ser de utilidade a profesores de educación ordinaria e especial, así como a traballadores sociais.
A guía estrutúrase en catro capítulos a través dos cales se abordan diversos temas, tales como os problemas de conduta e a súa conceptualización, o papel do psicólogo no ámbito educativo ou o xogo como recurso metodolóxico para solucionar os problemas de conduta, e establécese unha serie de programas para o desenvolvemento social-afectivo, ordenados en función da idade e o curso escolar.
O manual inclúe tamén recomendacións para o manexo dos problemas de conduta, dirixidas a profesores de Educación Primaria.