A nena que quería navegar
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/11/2017 - 10:56
"A nena que quería navegar" trata o tema do acoso escolar ou bullying. Nel contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empuxóns e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñas, xogos e cancións, mostrándolle que dentro de cada un de nós escóndese un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos capaces de conseguir todo o que nos propoñamos.