D.O
Nova Lei Educativa: LOMLOE
Enviado por Anónimo o Ven, 08/01/2021 - 09:26O texto da LOMLOE, popularmente coñecido como lei Celaá, foi aprobado o pasado 19 de novembro no Congreso dos Deputados. Esta nova lei educativa derroga á anterior Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE, 2013) e introduce unha serie de cambios e novidades no sistema educativo dos que cabe destacar os seguintes:
EDUCACIÓN INFANTIL
- Regúlase o primeiro ciclo de educación infantil, é dicir, a etapa que abarca dos 0 aos 3 anos de idade. Esta etapa terá un carácter educativo e contará cunha proposta pedagóxica específica.
- Esta etapa eríxese como unha etapa educativa orientada a compensar as desigualdades sociais, culturais e/ou económicas.
EDUCACIÓN PRIMARIA
- Recupérase o concepto de ciclo, polo que a educación primaria vólvese a estruturar en 3 ciclos de dous cursos académicos cada un.
- A materia de relixión seguirá ofertándose de forma obrigatoria polos centros educativos e de xeito opcional para o alumnado. Con todo, non terá unha materia espello, non contará para a nota media e, por tanto, tampouco para solicitar bolsas de axudas.
- No terceiro ciclo de educación primaria, é dicir 5º e 6º curso, impartirase a materia de valores cívicos e éticos para todo o alumnado.
- Os titores realizarán un informe individualizado do alumnado ao finalizar cada ciclo educativo e outro ao finalizar a etapa.
- En 4º curso levarase a cabo unha avaliación diagnóstica con carácter puramente informativo, formativo e orientador.
- Establécense unha serie de medidas preventivas e limitadoras co obxectivo de reducir as repeticións.
Pódese descargar a lei na seguinte ligazón
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Enviado por Anónimo o Mér, 02/12/2020 - 18:21Mañá, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Trátase de dar visibilidade ás dificultades cas que se atopan as persoas que teñen algún tipo de discapacidade co obxecto de sensibilizar a toda a sociedade no apoio a súa dignidade, dereitos e benestar.
A situación sanitaria tan complexa ca que se enfronta a nosa sociedade cebouse especialmente cas persoas mais desprotexidas. Os nosos maiores e as persoas con discapacidade. Para o colectivo das persoas con discapacidade, a pandemia da COVID-19 supuxo un novo reto ao que adaptarse e xenerou novas barreiras que superar. Barreiras que entre todos temos que tratar de eliminar para lograr unha inclusión plena de todos os cidadáns sexan cales sexan as súas capacidades.
A continuación déixovos o conto "El cazo de Lorenzo". Trátase dunha metáfora ideal para tomar conciencia sobre as dificultades cas que se enfrontan as persoas con discapacidade e do rexeitamento que conleva ser diferente. Un conto cunha gran lección de vida xa que todos nalgún momento das nosas vidas podemos atoparnos ante dificultades que se nos antoxan insuperables pero que non por elo debemos rendernos ante elas. Temos que tentar cambiar a forma de ver as dificultades e convertelas nunha ocasión que se nos brinda para aprender mais de nós mesmos, das nosas debilidades e das nosas fortalezas. Non deixan de ser desafíos que nos ofrece a vida para mellorarnos e saír mais empoderados, conscientes da nosa valía.
Premer sobre a imaxe para descargar o conto en pdf.
Para os que prefiran a versión en video.
Formato de letra para a dislexia
Enviado por Anónimo o Sáb, 24/10/2020 - 11:27Segundo o DSM-V (páx. 67), a dislexia é un termo alternativo ao de dificultades lectoras, que se refire a un patrón de dificultades da aprendizaxe da lectura que se caracteriza por problemas co recoñecemento de palabras en forma precisa ou fluída, deletrear mal e pouca capacidade ortográfica.
Tratase de alumnos con dificultades para a conversión grafema-fonema. Lévalles mais tempo evocar o fonema que correponde a cada grafía ocasionando unha lectura mais lenta. Dado que a lectura dunha palabra require de mais tempo e concentración é habitual que se esqueza o significado desa palabra e por conseguinte a comprensión lectora verase afectada.
Abelardo González é un deseñador de aplicacións móbiles que sensible a esta problemática deseñou unha fonte gratuíta, OpenDyslexic, orientada a axudar ás persoas con dislexia. Esta fonte pode ser non só útil para disléxicos senón tamén para todos aqueles que teñan dificultades na competencia lectora.
A fonte pódese descargar premendo no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »