Formato de letra para a dislexia

Segundo  o DSM-V (páx. 67), a dislexia é un termo alternativo ao de dificultades lectoras, que se refire a un patrón de dificultades da aprendizaxe da lectura que se caracteriza por problemas co recoñecemento de palabras en forma precisa ou fluída,  deletrear mal e pouca capacidade  ortográfica.

Tratase de alumnos con dificultades para a conversión grafema-fonema. Lévalles mais tempo evocar o fonema que correponde a cada grafía ocasionando unha lectura mais lenta. Dado que a lectura dunha palabra require de mais tempo e concentración é habitual que se esqueza o significado desa palabra e por conseguinte a comprensión  lectora verase afectada. 

 

Abelardo González é un  deseñador de  aplicacións móbiles que sensible a esta problemática deseñou unha fonte gratuíta, OpenDyslexic, orientada a axudar ás persoas con  dislexia. Esta fonte pode ser non só útil para disléxicos senón tamén para todos aqueles que teñan dificultades na competencia lectora.

 

A fonte pódese descargar premendo no seguinte enlace.