Nova Lei Educativa: LOMLOE
Enviado por Anónimo o Ven, 08/01/2021 - 09:26
O texto da LOMLOE, popularmente coñecido como lei Celaá, foi aprobado o pasado 19 de novembro no Congreso dos Deputados. Esta nova lei educativa derroga á anterior Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE, 2013) e introduce unha serie de cambios e novidades no sistema educativo dos que cabe destacar os seguintes:
EDUCACIÓN INFANTIL
- Regúlase o primeiro ciclo de educación infantil, é dicir, a etapa que abarca dos 0 aos 3 anos de idade. Esta etapa terá un carácter educativo e contará cunha proposta pedagóxica específica.
- Esta etapa eríxese como unha etapa educativa orientada a compensar as desigualdades sociais, culturais e/ou económicas.
EDUCACIÓN PRIMARIA
- Recupérase o concepto de ciclo, polo que a educación primaria vólvese a estruturar en 3 ciclos de dous cursos académicos cada un.
- A materia de relixión seguirá ofertándose de forma obrigatoria polos centros educativos e de xeito opcional para o alumnado. Con todo, non terá unha materia espello, non contará para a nota media e, por tanto, tampouco para solicitar bolsas de axudas.
- No terceiro ciclo de educación primaria, é dicir 5º e 6º curso, impartirase a materia de valores cívicos e éticos para todo o alumnado.
- Os titores realizarán un informe individualizado do alumnado ao finalizar cada ciclo educativo e outro ao finalizar a etapa.
- En 4º curso levarase a cabo unha avaliación diagnóstica con carácter puramente informativo, formativo e orientador.
- Establécense unha serie de medidas preventivas e limitadoras co obxectivo de reducir as repeticións.
Pódese descargar a lei na seguinte ligazón