DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Mañá, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Trátase de dar visibilidade ás dificultades cas que se atopan as persoas que teñen algún tipo de discapacidade co obxecto de sensibilizar a toda a sociedade no apoio a súa dignidade, dereitos e benestar.
A situación sanitaria tan complexa ca que se enfronta a nosa sociedade cebouse especialmente cas persoas mais desprotexidas. Os nosos maiores e as persoas con discapacidade. Para o colectivo das persoas con discapacidade, a pandemia da COVID-19 supuxo un novo reto ao que adaptarse e xenerou novas barreiras que superar. Barreiras que entre todos temos que tratar de eliminar para lograr unha inclusión plena de todos os cidadáns sexan cales sexan as súas capacidades.
A continuación déixovos o conto "El cazo de Lorenzo". Trátase dunha metáfora ideal para tomar conciencia sobre as dificultades cas que se enfrontan as persoas con discapacidade e do rexeitamento que conleva ser diferente. Un conto cunha gran lección de vida xa que todos nalgún momento das nosas vidas podemos atoparnos ante dificultades que se nos antoxan insuperables pero que non por elo debemos rendernos ante elas. Temos que tentar cambiar a forma de ver as dificultades e convertelas nunha ocasión que se nos brinda para aprender mais de nós mesmos, das nosas debilidades e das nosas fortalezas. Non deixan de ser desafíos que nos ofrece a vida para mellorarnos e saír mais empoderados, conscientes da nosa valía.
Premer sobre a imaxe para descargar o conto en pdf.
Para os que prefiran a versión en video.