Skip to Content

Nadal 2020 - Somos Resilientes

Xa podemos ver o videoclip que gravamos no centro nos últimos días do primeiro trimestre do curso 20/21. Agardamos que vos guste:

25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  A continuación deixámosvos uns vídeos realizados polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para reivindicar dita loita.

Música. El Diluvi. E ti, só ti (Con Sés)

 

Saída á praia.

O pasado 11 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída á Praia dos Xuncos, e así realizar unha xornada de convivencia dentro do grupo-clase, gozar da natureza e aproveitar o bo tempo. Pasámolo xenial!

Prema na imaxe para ver as fotos.

SAMAÍN 2020

O 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasámolo moi ben. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Cabazas 2020

No seguinte vídeo deixámosvos o resultado das creacións de cabazas realizadas polo noso alumnado e familias.  Aínda que este ano a exposición non se puido facer na entrada do colexio, coma sempre foi todo un éxito, grazas á colaboración das familias e á creatividade e orixinalidade de todos os traballos presentados.

Moitas grazas a todos os participantes.

 (Prema na imaxe)

CALENDARIO ESCOLAR 2020/21

Bo día familias.

Adxuntamos o calendario escolar establecido para este curso, no que están incluidas as datas seleccionadas polo noso centro.

Peixes raros

Libro realizado polo alumnado de 3º de Primaria no curso 2019-20 dentro do proxecto "O MAR".

 

Aves mariñas.

Libro realizado polos nenos e nenas de 4º de Primaria, no curso 2019-20, dentro do proxecto "O MAR".

Abecedario mariño.

Libro feito polos nenos e nenas de 2º de Primaria dentro do proxecto "O MAR" no curso 2019-20. 

Abecedario do mar.

Libro realizado no curso 2019-20 polo alumnado de 1º  de Primaria, dentro do proxecto "O MAR".

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut