O alumnado e as familias do centro fixeron auténticas marabillas coas cabazas que lles pedimos para adornar a entrada do colexio pola festa do Samaín. No seguinte vídeo podedes velas. Hainas clásicas, orixinais, de medo, reivindicativas... de todo un pouco.
Grazas ás familias do colexio por participar dun xeito tan masivo.
Estamos orgullosos de vos presentar as actuacións que tiveron lugar no noso colexio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, que este ano se lle dedica a Carlos Casares.
Dexámosvos gozar con algunha fotografía do gran acontecemento, á espera de vos poder mostrar o restro de actividades, tales como os vídeos xa con toda a música e as voces do alumnado do CEIP Fondo Nois.
Un ano máis participamos desde o colexio Fondo-Nois coas actividades relacionadas coa Semana das Artes na Mariña. Este curso o conto ía de caixas: caixas para contar contos, contos para reciclar caixas, caixas para contar contos de reciclaxe de caixas... Toda unha aventura artística e, que non nos leve a engano, mooooooooi laboriosa (tanto como foi contala aquí).
Como mostra deixámosvos un aperitivo (que as caixas aínda teñen a pintura fresca) de como nos vai indo coa actividade: