Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, agua e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.
Como proxecto de fin de estadía no colexio, a profe Julia organizou para o alumnado de cuarto unha saída polos arredores.
Entre outros lugares, realizamos unha agradable visita o Castro de Fazouro que contou neste caso coa guía de Manuel Miranda, presidente da asociación en defensa do noso patrimonio MariñaPatrimonio.
Foi unha visita espectacular e gozamos que non vexas! Bueno, si que podes ver...
Este curso celebramos a festa do Magosto cunha chea de obraidoiros para, finalmente, acabar de decorar o mural que temos no vestíbulo do colexio, pero ademais... toma castaña, que ben sabían!
Laboratorio experimental que invita ao alumnado a reflexionar sobre a utilización de dispositivos móbiles e obxectos reciclados para a creación dun discurso estético e narrativo.