Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN.

(Prema na imaxe para descargala)

SAÍDA Á PRAIA

O pasado 10 de setembro realizamos unha saída á praia dos Xuncos, dando a benvida ao novo curso escolar e así gozar do bo tempo e da natureza. Pasámolo moi ben!

COMEZO DO CURSO 21-22

O novo curso escolar 21-22 dará comezo o xoves 9 de setembro no horario habitual. Polo tanto, a entrada será ás 9:30 da mañá dende o primeiro día.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS:

  • Alumnado de Educación Infantil: pola porta principal.
  • Alumnado de Educación Primaria: pola segunda cancela.

 

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN PARA COMEDOR

Achegamos o modelo de autodeclaración do comedor para o curso 21-22.

 

As autodeclacións entregaranse no Centro. O prazo remata o 03/09/2021, pero é aconsellable a súa entrega antes do 09/07/2021.

 

-A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2020

-Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.

-Recorde cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.

 

 

 

Podedes descargar o impreso e as intrucións no documento anexo ou recollelo no centro.

SEGUNDO DE EP: OBRA DE TEATRO

O pasado luns, 21 de xuño, o alumnado de 2º de EP interpretou a obra de teatro ´NUBIÑA PASCUAL´ na biblioteca do noso colexio. 

Podedes ver o vídeo premendo na imaxe.

EDLG: Dígocho Eu de castelanismos

 

Ola a todos e todas!

Como punto final deste curso dende Dinamización da Lingua Galega realizamos un #DígochoEu con algúns castelanismos que usamos diariamente. Se che apetece averiguar cales incluimos preme na imaxe para ver o ben que o fixeron o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria.

 

Bo verán!!

 

 

EDLG: Revista DÍA A DÍA Nº 32.

 
 
 
 
Podes premer na imaxe para descargar a revista en PDF.

Actividades Letras Galegas 2021.

 Dende a biblioteca, deixámosvos algúns dos traballos realizados polo noso alumnado durante a Semana das Letras Galegas.

  • VIDA E OBRA DE XELA ARIAS, realizado polos nenos e nenas de 1º de Primaria, onde debuxaron cada un dos momentos máis importantes da vida da autora.

 

  • AS NOSAS FRAGAS, realizado polos nenos e nenas de 2º e 3º de Primaria, onde imaxinaron a súa fraga “ideal” en referencia ao relato de Xela Arias “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia” co que gañou o certame creado pola Agrupación O Facho da Coruña no ano 1973, con só 11 anos.

 

Letras Galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado realizou diferentes actividades dentro da aula, dende charlas para traballar a vida e obra de Xela Arias promovidas pola biblioteca, así coma diversos traballos realizados en cada titoría. 

Podedes ver fotos na seguinte imaxe.

MOSAICO DE XELA ARIAS.

Mosaico de Xela Arias realizado coas caricaturas feitas polos nenos e nenas do colexio.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut