No noso centro apostamos pola vida saudable dos nosos alumnos e alumnas.
Por iso, todos os días ofrecemos ao noso alumnado froita fresca e de tempada durante a merenda, a media mañá. Ademais, no comedor escolar contamos cunha cociñeira e unha axudante de cociña que elaboran un menú variado e equilibrado.
Se premedes na imaxe, podedes ver as fotos dos nenos e nenas tomando a merenda.
Con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER reivindicamos os dereitos das mulleres e das nenas afganas para que podan vivir e crecer en liberdade.
Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron o pasado luns, unha charla informativa-formativa sobre temáticas como violencia de xénero, o papel da muller no mundo laboral e acoso escolar, impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado.
O pasado 10 de setembro realizamos unha saída á praia dos Xuncos, dando a benvida ao novo curso escolar e así gozar do bo tempo e da natureza. Pasámolo moi ben!