Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

RECOLLIDA DE MÁSCARAS

Xúntase cadro do horario para a recollida das máscaras, así coma dun modelo de autorización se fose preciso, para o alumnado beneficiario por recibir a axuda para material escolar, tal como reflicte a Orde do 28 de outubre de 2021.

Actualización da Situación COVID no CEIP de Pedrouzos

 Prezadas familias:

 Informamos que a Consellería de Sanidade acaba de comunicarnos que debido á situación tan complicada na que se atopan nestes momentos non é posible realizar o cribado masivo que tiñan previsto facer no noso centro.

 Polo tanto, infórmannos que todas/os as/os que queirades facer unha proba podedes pasar por algún destes lugares:

Área Sanitaria de Santiago - A Barbanza

Hospital Clínico Universitario de Santiago

(Hoxe é o último día)

Exterior Planta -3 (zona laboratorios).

Xoves  24,  (de 15:30 as 19:00h)

Auditorio Vidal Bolaño

(Campus Sur USC)

Todos os días de 14:00h a 20:00h

Hospital da Barbanza

Xoves  24,  de 15:30 as 19:00h

A partir do día 26  de 15:30 ás 20:00h

Agardamos que comprendades as dificultades da situación e que teñades claro que esta decisión non ten nada que ver co CEIP de Pedrouzos;

xa que, pola nosa parte, procuramos por todos os medios que o cribado se realizara o máis axiña posible.

Coidádevos moito e BO NADAL.

DIRECCIÓN

* Informamos tamén que a situación no centro a día de hoxe é a de 57 casos positivos confirmados.

Lecturas de Nadal 2021

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo Nadal a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

HORARIO ESCOLAR CURSO 2021-22

XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO

O alumnado pode saír do centro na hora que precise, logo de telo comunicado á titoría e previa chamada á Conxerxería. Será a conserxe quen acerque ao alumnado á porta.

Para entrar no centro unha vez iniciado o horario lectivo, debe facerse nos cambios de sesión.

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Un ano máis, no CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implicámonos na campaña que se desenvolve con motivo do 25 de novembro "DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que loita contra a violencia de xénero;

Hoxe quixemos sumarnos cunha serie de accións que contribúan á concienciación entre o noso alumnado deste problema tan presente na sociedade actual. Berrando NON, escribindo NON nas nosas mans, facendo murais con esa verba. Hoxe lembramos que cando dicimos NON é NON, que ninguén ten dereito a magoar, abusar, golpear, pegar, arrastrar, tirar, bicar á forza ... que cando dicimos NON, xs agresorxs teñen que parar.

Rematemos dunha vez con todo isto.

Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

RENOVACION PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2021

Logo da votación para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR e do Claustro do centro, fánse públicas as candidaturas elexidas.

CANDIDATURAS ELEXIDAS PAIS E NAIS:

  • Blanco Bonjour, Andrea
  • Rodríguez Vázquez, María José

CANDIDATURAS ELEXIDAS CLAUSTRO DE PROFESORADO:

  • Vidal Puga, Mª del Pilar
  • García Blanco, Mª del Carmen

Poden consultarse os resultados da votación no taboleiro do centro.

DIRECCIÓN

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2021

CANDIDATURAS NAIS/PAIS

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos fai pública a relación de nomes das/os candidatas/os que se presentan á referida elección, segundo indicamos de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Blanco Bonjour, Andrea

2.- Ferreiro, Ferreiro, Ramón

3.- Magariños Santiago, Berta

4.- Rodríguez Vázquez, María José

5.- Rubianes Castelo, Ana

Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 nais/pais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

As/os outras/os representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018 e por designación da ANPA.

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar, a campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 17 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO E PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO 2021-2022

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2021-22, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado -aínda que non conte con axuda de material escolar- tamén poderá beneficiarse so subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. Para facer o cálculo deben tomar os datos da Renda do 2019.

 

O prazo de solicitude vai desde hoxe luns 15 de novembro ata o venres 26. Para entregar a solicitude se é o caso, poden facelo no centro de 10:00h a 13:30h.

COLABORACION COMEDOR ESCOLAR

Lembrámosvos que sigue aberto o prazo para anotarse como colaborador/a no comedor escolar.

Por causas diversas o número de nais e pais que neste curso colaboran no comedor, veuse reducido nos últimos días. É importante ter suficientes colaboradoras/es para o bo funcionamento do servizo. Polo tando, volvemos solicitar a participación das familias para as tarefas de COLABORACIÓN no COMEDOR ESCOLAR.

De non aparecer colaboradoras e colaboradores suficientes, pode ser que o servizo se vexa afectado tendo que recudir o número de comensais.

DIRECCIÓN

RENOVACION PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2021

 O martes 2 de novembro celebrouse a primeira reunión da Xunta electoral que regulará este proceso de renovación.

         Data: 2 de novembro de 2021

         Lugar: Dirección

         Asistentes:

                          -Presidente: Xoán M. Cabo Pérez

                          -Víctor Manuel Fernández Fuentes, representante do profesorado

                          -Diego José García Montero, representante dos pais/nais

                          -Elena Pardal Bermúdez, representante do persoal non docente

Orde do día:

  1. Constitución da Xunta Electoral

  2. Aprobación do calendario electoral

  3. Apertura do período de presentación de candidaturas.

Apróbase o calendario electoral, e establecese o período de presentación de candidaturas.

Reunida a Xunta Electoral do centro con data 2 de novembro de 2021, acorda aprobar o período electoral segundo segue:

Do 4 ao 11 de novembro

  • Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores.

15 - Novembro

(luns)

• Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

• Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

22 - Novembro

(luns)

  • VOTACIÓNS:

- Profesorado. (Ás 18:00 horas)

- Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 14:00h a 18:00 horas)

- Persoal non docente. (Ás 12:00 horas)

23 - Novembro

(martes)

• Proclamación e publicación de candidatos/as electos/as.

 

Achegamos documento para a inscrición de candidaturas, que deberán entregar debidamente cumprimentado na secretaría do centro se desexan presentar a súa candidatura.

Distribuir contido


by Dr. Radut