O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que foi admitido no noso centro para o curso 2023/2024, ábrese o día 20 de xuño ata o 30 de xuño. Para facer calquer modificación na matrícula do alumnado que xa está no centro, deberá facerse no mesmo prazo.
O horario de secretaría é 9:30 h. a 13:30 h. de Luns a Venres.
Documentación para a matrícula:
- Anexo III - 1.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do menor, se é o caso.
- Fotocopia do Libro de familia.
- Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
- Autorización de permiso de imaxe.
- Autorización saídas extraescolares.
- Autorización saídas de centro.
- Autorización para saída dende transporte escolar.
- Solicitude Transporte e Comedor escolar (OBRIGATORIO presentalo tanto soliciten ou non)
- Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede
- Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Enquisa uso familiar lingua.
- Cuestionario uso da lingua.
Poden descargar os impresos ou recollelos en conserxería.
Deben traer as copias feitas así coma os orixinais para o caso de que se precise o seu cotexo. Non é preciso traer aquela documentación presentada durante o proceso de admisión (empadroamento, libro de familia...) a non ser que cambiase a súa situación.