Skip to Content

Inicio de curso. Calendario escolar 2014/15

ACTIVIDADES LECTIVAS

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h.

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

Os comedores escolares funcionarán en  educación infantil  e educación primaria desde o día 10 de setembro de 2014 ata o 19 de xuño de 2015.

Poderá facer uso do comedor o alumnado admitido por dereito preferente e o admitido provisionalmente.

O alumnado de 4º de infantil, durante o periodo de adaptación, non fará uso do comedor escolar.

O servizo de comedor durante o mes de setembro será de 14:30h a 15:30h.

As familias poderán recoller ao alumnado unha vez rematado o servizo, ás 15:30h, ou ás 16:30h.

SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR

O servizo de transporte funcionará en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2014 ata o 19 de xuño de 2015.

O servizo de transporte para a saída do alumnado será ás 16:30h.

O venres de entroido, 13 de febreiro de 2015, o transporte sairá do centro ás 15:15h. Non haberá actividades complementarias pola tarde no centro.

Rogamos puntualidade ás familias tanto na entrega como na recollida do alumnado nas paradas do transporte escolar.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Durante os meses de setembro e xuño non se desenvolven actividades complementarias despois das 16:30h, polo que o alumnado non poderá permanecer no centro a partir desa hora.

AdxuntoTamaño
20140626_calendario_escolar-2014-15.pdf609.6 KB
calendarioescolar1415.pdf47.6 KB


page | by Dr. Radut