Skip to Content

Visitamos a exposición Auga Doce, na Cidade da Cultura.

 

   

 Máis fotos na galería

O 21 de maio fomos á Cidade da Cultura a ver unha exposición sobre a auga doce.

A primeira planta trataba sobre “augas escondidas”, que son as augas subterráneas que servían para encher os balnearios no mundo. No chan dos balnearios colocaban unhas peciñas pequenas, que se usaban para que as persoas non esvararan, formando debuxos artísticos chamados mosaicos.

 Explicáronos o uso que as persoa facemos desas augas que frecuentemente son medicinais e Galicia é moi rica nestas augas, polo que se foron construíndo balnearios ao redor de toda a xeografía de Galicia, como en Mondariz, Caldas de Reis, Cuntis...

 

Noutras plantas había manifestacións artísticas co tema principal da auga e a relación dos artistas coa a auga, cos ríos, co xeo … deste xeito vimos un cadro que simboliza a conquista romana de Galicia e que representa cando os soldados non querían cruzar o río Limia porque lles lembraba o río Letes, e a tradición dicía que se cruzabas as augas deste río convertiríaste nun desmemoriado. Foi o xeneral das tropas o que cruzou primeiro as augas do Limia, e logo na outra beira empezou a nomear aos seus soldados, comprobándose así que non perdera a súa memoria.

 

Noutra planta atopamos cadros do artista británico David Hockney, formando o que se chama unha triloxía porque consisitía en tres cadros: Lightning, Rain e Snow.

Tamén vimos un cubo grande de cristal que tiña auga condensada nunha das caras transparentes, que era como un símbolo de que a auga é vida para os seres vivos.

 

Outro recinto estaba dedicado aos repicipientes ou espazos para almacenar auga. O máis curioso era unha ánfora antiga chea de pequenos buratos. Non podía ser para almacenar auga porque se escaparía polos buratos. Tratábase dunha anguieira. Era para conservar vivas as anguías. Metíanse no recipiente pechado por riba e colocábase dentro dun pozo para conservalas frescas e á vez as anguías comían os bichos que houbese no pozo.

 

A exposición gustounos moito pola cantidade de cousas diferentes que vimos relacionadas coa auga doce: Auga para beber, auga para regar, xeo para facer casas, auga para sanar... auga para a arte.

 

Martiño Rodiño e Roi Penabade 3ºC

 



story | by Dr. Radut