Con motivo do Día da Árbore e invitados polo SEPRONA, o alumnado de 4º de primaria desprazouse ata o monte Pedroso de Santiago para facer un plantación de castiñeiros e realizar distintas actividades na natureza.
Acompañados polos titores/as e dirixidos por persoal técnico do SEPRONA fixemos a plantación. Logo repartimonos en dous grupos, "noces" e "castañas". Adentrámonos nun bosque de acacias, especie invasiva, que ameaza con extendense por todo o Pedroso, sendo necesario o seu control.
Despois chegamos a un souto de castiñeiros e carballos no que descubrimos a importacia das árbores autóctonas. Ali atopamos un carrabouxo co seu verme incluido. Tamén vimos rastros de xabaríns e mesmo a árbore na que se rascaban.
Fixemos tamén un xogo de búsquedas por equipos.
Despois de merendar, poedemos mirar por un catalexos de gran alcance e mesmo traballamos co material de investigación de incendios.
Rematamos a xornada cunha demostración do uso da motobomba de extención de incendios.
Queremos agradecer ao persoal do SEPRONA, (Santiago, Mónica, Carlés, Xavier, ..) pola súa acollida.