Skip to Content

Mulleres e Cultura

Hoxe conmemoramos no centro o Día da Muller, 8 de marzo, con dúas mesas redondas nas que contamos coa participación mulleres de distintos países, achegándonos a aspectos relevantes das súas culturas e realidades.

O alumnado do terceiro ciclo tivo a oportunidade de coñecer outras culturas, algunhas moi diferentes á nosa, en canto a costumes, xeitos de vida, relixións.... Tamén narraron  algunhas curiosidades, ben interesantes, dos seus lugares de orixe.

Temos que agradecer a participación de Pia de Dinamarca, Carolina de Chile, Christel de Camerún, Xuan de China, Katya de Perú, Imane de Marrocos e Amanda de EEUU.

Tamén dar as grazas a María e a Ana que foron as coordinadoras destas mesas.

 

 



story | by Dr. Radut