Pupi é un extraterrestre moi aventureiro. Un día saiu do seu planeta Azulón e atopouse coa Terra, onde está tan ben que decidiu quedarse e aprender todo o que saben os nenos e nenas.
María Menéndez é a creadora desta personaxe, que tanto gusta ao noso alumnado do primeiro ciclo de primaria. Falounos de Pupi e os nenos e nenas puideron facerlle moitas preguntas sobre el e os seus amigos. Ao rematar, María ,moi amablemente. asinou os libros que trouxeron os nenos da colección, publicada por SM e protagonizada por Pupi.
Aproveitamos para que María fixera entrega a dúas alumnas de segundo dos premios ganados no concurso de banda deseñada: Xiana Bragraña e Sofía Sagüillo.