Skip to Content

Obradoiro de Banda Deseñada con Abraham Carreiro

Dentro da programación de actividades en torno á Banda Deseñada, realizamos un obradoiro de Cómic. O ilustrador Abraham Carreiro foi o condutor desta experiencia.

Ao alumnado do primeiro e terceiro ciclo de primaria, Abraham deulles unhas nocións básicas sobre as características deste xénero narrativo: tipos viñetas e bocadiños, sobre como conseguir plasmar expresións nas personaxes, onomatopeias... Despois os nenos e nenas realizaron as súas propias creacións.

Cos rapaces do segundo ciclo Abraham realizou unha pequena animación. Os nenos tiveron que dar movemento a unha personaxe realizando  debuxos progresivos que eran fotografados e volcados nun programa informático. Tamén foron eles os que lle puxeron as voces e sons. O resultado foi moi simpático, a pesar do pouco tempo que tiveron para realizalo. Ver animación

 

Para rematar con estas actividades en torno á Banda deseñada, acabamos de convocar un concurso no que poden participar todos os nenos e nenas de primaria. As bases na seguinte ligazón.

Animádevos a participar! Tedes ata o 19 de decembro para a entrega dos vosos traballos.



page | by Dr. Radut