Skip to Content

A colleita de froitos do noso invernadoiro.

 

O martes 4 de xuño fomos, co profesor Xan, recoller as patacas que sementaramos a finais de febreiro.Tamén estaban listos para recoller as acelgas, as cenouras, os amorodos, os cabaciños e as cebolas.

Para recoller as  patacas primeiro necesitamos un sacho e con el arrincamos a planta das patacas. Logo separamos as patacas das raíces da planta e botamos as patacas nunha caixa e a planta no noso composteiro.

No invernadoiro coincidimos cunha clase de Infantil que fora coa súa profesora para ver como se recollían as patacas.

Finalmente marchamos para a clase contentos coa nosa colleita de patacas,porque logo imos facer unha tortilla con elas e ímola comer!!!!!

Sofía Sambade e Ana Pedrosa.

 




blog | by Dr. Radut