Alumnos e alumnas de cuarto e de sexto do noso centro serán os protagonistas dun programa de radio que se emitirá o día das Letras Galegas, 17 de maio, sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño.
Os alumnos de cuarto participaron na creación dun vídeo no que se fai un percorrido pola vida e obra deste gran dramaturgo e que podedes ver dende a seguinte ligazón (ver vídeo). No programa radiofónico presentan o traballo biográfico que fixeron para a realización deste biodocumental.
As nenas de sexto representaron un dos diálogos da obra "O Touporroutou da Lúa e do Sol" que, xunto cos seus compañeiros de clase, dramatizaron no colexio.
O programa emitirase o día 17 de maio, de 12:30 a 13:30h. na Cope (no 97.1 de FM).