Unha das obras de teatro infantil máis divertidas de Roberto Vidal Bolaño é O Touporroutou da lúa e do sol, " unha farsada choqueira para actores e bonecos" , como el a denominaba, que representaron os nosos alumnos.
Alumnos de terceiro fixeron unha versión na que combinan teatro de sombras con personaxes reais. Outro grupo de nenos e nenas de sexto fixeron unha representación na que eles mesmos caracterizaban aos personaxes desta comedia.
Nesta historia cóntase a chegada a un pobo dunha compañia de teatro ambulante formada por Catarina de Siena e Ramiro de Blas. Eles representan co seu teatriño O Touporroutou da lúa e do sol unha peza, na que de xeito fantástico, explícase como foi o nacemento dos días e das noites, os diferentes disfraces dos demos, cousas de tesouros...