Hoxe veu o pai de Sara Molinos, unha alumna de 3º curso, a falarnos sobre o mar e dos seres vivos que habitan nel.
Contounos moitas cousas:
1. Que a cor do mar depende do ceo e dos animais microscópicos que abundan nesa zona.
2. Información sobre distintos tipos de peixes : lamprea, rape, peixe porco, congrios, peixe voador, peixe de San Pedro...
3. Os mamíferos mariños e a súa alimentación: os golfiños aliméntanse de peixes, as baleas de krill, os cachalotes de calamares xigantes...
4. Moluscos: caramuxos, ameixa, berberechos... e equinodermos: estrelas, ourizos e pepinos de mar.
Por último, vimos algúns documentais. O que máis nos chamou a atención foi o das lampreas. Sabíades que as femias poden chegar a pór 250.000 ovos?
Gustounos moito a charla e esperamos que veña máis veces a falarnos sobre o mar.
Sofía e Alexandra, 4ºC