Lembrádesvos da excursión a Noia? O profe Gabriel recopilou todo o que fixemos e o que nos contaron. Lédea a ver se esqueceu de algo, logo víndenolo contar para que o escribamos.
O catro de decembro fomos á vila de Noia de excursión. Primeiro fomos ver a casa do museo do mar de Noia. Estivemos falando cun capitán da mariña mercante que se chama Félix ( Fiz dise en galego). El era o encargado do museo. Félix, durante varios anos traballou para unha casa de conxelados en Namibia, na cidade de Loderitz, como encargado da fábrica de conxelados nese país africano.
Como el di: A mar é coma a miña casa ( ás veces perigosa casa, non si? ). Borja preguntoulle como se adicou a esa profesión de capitán . Contestoulle que case, case... por obligación porque, xa o seu avó era mariño e propietario dun barco balandro. Incluso, todos os irmáns e mais el tiñan traballos relacionados coas actividades mariñas.
Félix aínda conserva no museo os papeis de propiedade do barco do seu avó, firmado polo mesmo rei de España, Alfonso XIII, no ano 1919.
O museo foi unha idea dun grupo de persoas de mar , que estando xubilados, decidiron facer unha exposición permanente coas donacións de moitas persoas, que amablemente foron regalando sen cobrar un só euro.
Félix contóunos que o museo estaba pensado coma se fose a cuberta dun barco: na proa había un mascarón precioso. Tamén se atopaba a Relinga, a Foque e a Cangrexa dun barco de vela. Na Popa, estaba o taller dunha carpintería de ribeira e ao seu carón, hacia estribor, diferentes restos de animais e unha pequena colección de caracolas mariñas.
Aquí vimos como era o esqueleto dunha balea e restos das barbas para filtrar o kril, especie de camarón, que hai millóns sobre todos nos mares do Sul. O curioso é que con estas barbas facíanse os peites para os cabelos, as baleas para os paraugas, ou para abombar os vestidos femininos de moda no século XVII e XVIII.
Félix navegou polo mares do sul, nas augas arxentinas da península de Valdés, preto da Antártida. Tamén vimos unha mandíbula de balea , que facía de porta en Caneliñas de Corcubión, na zona de despiece de cetáceos que funcionou en Galicia ata a súa prohibición de cazalas. Vimos a lanza dun peixe espada, un Marlín, a perigosa dentadura dun tiburón cuxos dentes médranlle nos labios e non na mandíbula coma as persoas. Félix dixo que o tiburón en liberdade non era tan perigoso como aparecía nas películas americanas.
No medio de babor atopábase diferentes embarcacións utilizadas en Noia e outras máis grandes e antigas, coma o Balandro, Bergantín, Goleta, etc. Na proa, pero hacia estribor, atopábase a cama dun camorote antigo donde durmían os mariñeiros.
Félix díxonos que Noia chegou a ter o maior número de embarcacións menores matriculadas de toda España. Noia gozou dunha tradición mariñeira moi importante porque moitísima xente vivía do mar. No só destaca o mar e as actividades adicadas ao mar. Tamén están as súas xentes, como Xosé Rodríguez Fernández, en 1944 inventou un motor que foi moi importante en toda España, utilizado en moitísimos barcos... naqueles anos de posguerra e autarquismo.
Pois ben, Xosé Rodríguez, unha persoa que non tiña formación en ningunha escola mecánica, nen de enxeñería insdustrial, conseguiu inventar un motor cunha potencia de 24 cabalos. Importantísimo para a navegación en España e incluso chegouse a usar para as máquinas malladoras do trigo e de centeo. A este motor chamoulle MOTORES AYÓN.
Fabricou máis de 2000 motores que exportou a todo o mundo. Este motor tiña a curiosidade de iniciar a combustión cunha mecha, en vez de buxías, e de xeito manual; facían xirar a man unha manivela xirando unha roda para facer funcionar a máquina. Pero tiña un problema: que era moi pesada, máis de mil quilogramos , e como dixen antes, tan só tiña 24 cabalos de potencia ( moitos coches teñen 120 c.v. de potencia en menos de 100 quilos de peso.)
Os barcos clasifícanse polo tipos velas que utiliza. Os barcos que máis se utilizaron en Noia foron aqueles que tiñan pouco calado ou profundidade como os San Cosmeiros ou Paile Bots, porque a ría de Noia ten pouca profundidade e é de difícil manexo.
Ás donacións pónselles unha etiqueta escrita en tres linguas: galego, castelá e alemán. Esta última porque hai moito turismo alemán que están visitando Noia, sobre todo polas laudas medievais atopadas na vila e que teñen fama mundial.
Félix ensinounos varias donacións coma unha bóla dun cañón en Escocia, unha ánfora atopada nun galeón portugués en Canadá a 2700 metros de profundidade.
Moitas donacións diferentes, como fotos antigas: mariscadoras traballando no areal da praia, outra foto na que aparece o escritor Antón Avilés de Taramancos, coñecido escritor galego ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas e unha carpintería de ribeira coas súas ferramentas para traballar na construcción de barcos.
Había unhas ferramentas curiosas para traballar no marisqueo da praia: os Cans, Raños ou Rastros: ferramentas de marisqueo tremendamente dañinos para o marisqueo. Son coma enormes dentes metálicos nos que son turrados por unha lancha e con rede, que fai moitísimo dano aos berberechos e as ameixas. Penetran no areal destruindo a maior parte da cría, facendo imposible a súa rexeneración. Están prohibidos e penados con anos de cárcere para quen practique esta arte de marisqueo.