Hoxe recibimos a visita de Joan Manuel Gisbert, un escritor moi divertido. Escribiu moitos libros e nós no cole xa lemos dous, o último El palacio de los tres ojos. O escritor veu para comentar os seus libros, principalmente este último que lemos. Tamén nos contou como empezou a escribir, que fora unha decisión difícil e que aos seus pais o comezo asustáralles un pouco. Fixo preguntas sobre os seus libros e os que acertaban regaláballes unha libretiña moi chula. A verdade e que o pasamos moi ben e estamos desexando ler outro libro seu. Estamos moi contentos de que Joan Manuel Gisbert nos visitara! Lucas e Pedro, 4ºB. |