É, tamén un dos obxectivos polo que dende a biblioteca e coa axuda dun grupo de nais decidimos poñer e marcha este proxecto da "Axenda Cultural". O que pretendemos é recoller as actividades culturais, musicais, deportivas ... que acontecen na nosa comarca axeitadas para rapaces e rapazas das idades dos nosos fillos e fillas.
Sabemos que na educación dun neno son piares esenciais a familia, o colexio, e non menos importante a arte e a cultura, ese mundo onde poden abrir a súa imaxinación...
Desexamos que este primeiro número que acaban de levar os nenos e nenas a casa, vos guste e sexa de moita utilidade!!
Podedes consultar a axenda dende a web, premendo en "axenda cultural" na banda azul superior. Irase actualizando constantemente e dende ela podedes ver os novos eventos e as últimas actualizacións.
Maite Carrillo
Ana Vila
Noemí Pazó
Karen Oijman