Este entrañable persoeiro visitounos o día 1 de xuño e fixo as ledicias dos cativos. Con el viaxamos a distintos momentos da historia e a elementos do noso patrimonio dende os dolmens ata os castros, pasando polos petroglifos. Adornou a realidade das súas historias con elementos máxicos e fantásticos facendo participar aos rapaces en todo momento. No recreo debuxou sobre as rochas do patio petroglifos que comezou a tallar e que continuaremos nós.Anxo, nos seus espectáculos, sempre intenta fomentar nos rapaces actitudes de coidado do medio ambiente e de respecto cara as riquezas culturais do noso país.