Skip to Content

Concurso de fotografía "O Bosque"

foto bosque

Xa temos aos gañadores do certame organizado polo cole en colaboración co Instituto de Brión e son:

Na categoría de Infantil acadou o premio a fotografía de Ana Crusat Deza, titulada "O Bosque no río Pedras", no primeiro ciclo a foto de  Daniel Souto, " Un bonito insecto descansando no bosque" foi a elexida. No segundo ciclo seleccionouse o traballo de Karen Capeáns Pérez"Natureza" e o de Claudia de 4ºA. No terceiro ciclo o premio foi para Ramón Gómez Grobas  coa súa imaxe "Metamorfose".

Os alumnos do instituto premiados  forón Isabel Barca Insua e  e Raquel Ordóñez Brea na categoría da ESO e Claudia Cortes, alumna de Bacharelato, coa obra de nome "O inverno".

A participación entre o profesorado foi numerosa e o traballo de Ana Cadenas recibiu a maior valoración.

Destacar que a participación foi alta, presentáronse máis de 60 fotos e o xurado, composto por alumnos/as e profesores/as de ambos centros, o tivo complicado na selección. Agradecemos a interese de todos os participantes e felicitamos aos gañadores que en breve recibirán un pequeno agasallo.

Todas as fotografías presentadas neste certame pódense ver na galería da web



page | by Dr. Radut