Skip to Content

ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO CURSO 2024/2025

O mércores, día 11 de setembro empezan as clases do novo curso 2024-2025

O alumnado accederá ao recinto escolar e ás dependencias da escola, por diferentes portas, con vistas a facilitar o acceso do alumnado ao centro e ás aulas.

  •  O alumnado de infantil poderá acceder acompañado dun adulto ata a porta da entrada ao edificio de Educación infantil dende a porta de acceso de autobuses.
  •  O alumnado de primaria accederá só.

 ENTRADA E SAÍDA AO RECINTO ESCOLAR.

PORTA DE ENTRADA E SAÍDA DO ALUMNADO TRANSPORTADO EN BUS ESCOLAR:

  •  Porta da explanada de autobuses.

PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA DO ALUMNADO ACHEGADO POLAS FAMILIAS:

  • Porta explanada de autobuses: Educación Infantil.
  • Porta principal de acceso ao recinto escolar: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • Porta peonil fronte parque de bombeiros: 4º , 5º e 6º Educación Primaria.

PORTAS DE SAÍDA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA NON TRANSPORTADO, RECOLLIDOS POLAS FAMILIAS

  • O alumnado de infantil debe ser recollido na porta de infantil.

  • Cada alumno/a sae pola porta que lle corresponde segundo o seu curso. (A mesma porta que á entrada) agás os que teñen irmáns/irmás no centro.

  • SÓ PARA IRMÁS/IRMÁNS NO CENTRO. Os irmáns/irmás sairán XUNTOS pola porta que lle corresponde ao de menor idade.

 

 HORARIOS

ALUMNADO BUS ESCOLAR

INFANTIL E PRIMARIA

ENTRADA

SAÍDA

9.35 a 9.45 h

Luns, mércores, xoves e venres: 15.35 h

Martes: 16.20

ALUMNADO ACHEGADO POLAS FAMILIAS

ENTRADA

SAÍDA

INFANTIL: 9,35 a 9,50 h

INFANTIL E PRIMARIA: 14,45 H

PRIMARIA: 9,35 a 9,45 h

 

SAÍDA ALUMNADO COMEDOR E RECOLLIDO POLAS FAMILIAS

Luns, martes, mércores, xoves e venres ás 15,35 horas

Martes ás 16,20 horas.

 

O acceso ao centro péchase ás 9.50 horas para todo o alumnado. A partir desa hora, deberán dirixirse á conserxería do centro para acceder ás aulas 

Estos horarios non afectan ao alumnado de 4º de Educación de Infantil DURANTE o período de adaptación.



page | by Dr. Radut