O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que foi admitido no noso centro para o curso 2024/2025, ábrese o día 20 de xuño ata o 30 de xuño. Para facer calquer modificación na matrícula do alumnado que xa está no centro, deberá facerse no mesmo prazo.
O horario de secretaría é 9:30 h. a 13:30 h. de Luns a Venres.
Documentación para a matrícula:
- Anexo III - 1.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do menor, se o tivese.
- Fotocopia do Libro de familia.
- Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
- Autorización de permiso de imaxe.
- Autorización saídas extraescolares.
- Autorización saídas de centro.
- Autorización saída dende transporte escolar, recollida outros, etc
- Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede.
- Enquisa uso familiar lingua.
- Cuestionario uso da lingua.
- Solicitude de transporte escolar.
- Solicitude de comedor escolar.
TODAS AS SOLICITUDES DEBEN VIR FIRMADAS POLOS DOUS PROXENITORES.
Poden descargar os impresos na web ou recollelos en CONSERXERIA.
Deben traer as copias feitas así coma os orixinais para o caso de que se precise o seu cotexo. Non é preciso traer aquela documentación presentada durante o proceso de admisión (empadroamento, libro de familia...) a non ser que cambiase a súa situación.
Recoméndase consultar asiduamente a páxina web do centro, xa que será nese medio onde se informe dos prazos, documentación, etc.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
relacion documentacion.pdf | 95.39 KB |
ANEXO III_C.pdf | 427.05 KB |
AUTORIZACION IMAXE.pdf | 212.76 KB |
AUTORIZACION SAIDAS EXTRAESCOLARES.pdf | 178.86 KB |
AUTORIZACION SAIDAS DO CENTRO_0_0.pdf | 200.09 KB |
CUESTIONARIO LINGUA FAMILIAS_1.pdf | 69.76 KB |
ENQUISA GALEGO_1_0.pdf | 83.12 KB |
ALERXIAS OU INTOLERANCIAS.pdf | 177.48 KB |
SOLICITUDE COMEDOR.pdf | 112.68 KB |
MODELO AUTODECLARACION COMEDOR.pdf | 74.89 KB |
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR.pdf | 103.78 KB |
AUTORIZACION SAIDA DENDE TRANSPORTE ESCOLAR_0.pdf | 196.59 KB |
TABOA BUS.pdf | 99.68 KB |