Skip to Content

PAGO DE COMEDOR ESCOLAR (Titorial)

A partires do próximo mes de xaneiro, o pagamento do recibo emitido polo centro educativo, deberá ser aboado ata o día 20 do mes no que reciben dito recibo, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:45 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Dita ausencia comunicarase directamente ao correo electrónico comedor@pedrouzos.gal. 

 

RECOMENDACIÓNS PREVIAS:

a).- Subscribirse á notificación da publicación do precio de comedores, entrando en espazo Abalar e pulsando na pestana de ACCIÓNS e a continuación, entrar en SUBSCRICIÓN.

(Neste apartado podedes ver os datos que figuran na aplicación e subscribirvos para recibir avisos por diferentes motivos; faltas, cualificacións, recibo de comedor...).

b).- En caso de non recibir esta notificación, antes de recibir o recibo, poden consultar no apartado de SERVIZOS COMPLEMENTARIOS, se xa está dispoñible para realizar o pagamento e efectualo nese momento

 

1)  PAGAMENTO TELEMÁTICO: PÁXINA WEB DO ESPAZO ABALAR

(Esta opción evita o uso de papel. Non é necesario recibir a carta de pago).

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través dun navegador de Internet, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Actualmente tamén se pode acceder empregando a Chave365 que facilitan en diferentes administracións como os centros de saúde. O acceso efectúase a través deste enderezo(https://espazoabalar.edu.xunta.gal/), premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicación de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en .pdf

IMPORTANTE: A APP ABALARmóbil de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

Para máis información poden consultar o manual que está publicado na páxina do centro pedrouzos.gal no apartado TITORIAIS-ABALAR, (Menú esquerdo da páxina web) ou chamar á Unidade de Atención a Centros da Consellería de Educación.

 (Teléfono 881997701)

 

VÍDEO EXPLICATIVO, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, DO PAGO POR ABALAR (Moi antigo).

2)  PAGAMENTO TELEMÁTICO: OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA DA CONSELLERÍA DE FACENDA

ESTAMOS ELABORANDO UN MANUAL DE PAGO MÁIS COMPLETO PARA FACER O PAGO DESDE ATRIGA. Ata que o rematemos podedes consultar un que aparece no apartado de Titoriais – Abalar, que está aloxado noutro centro.              (Ver Manual)

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

https://ovt.atriga.gal/ 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

* Recoméndase nesta modalidade que se envíe o xustificante de pago ao correo comedor@pedrouzos.gal, ou ben en papel.

3)  PAGAMENTO PRESENCIAL NAS ENTIDADES BANCARIAS COLABORADORAS

(Esta opción é a menos aconsellable, xa que implica desprazamentos a entidades bancarias e moito máis traballo administrativo para o centro educativo).

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

Pódese descargar esta nova en formato .PDF no apartado de ficheiros adxuntos.

AdxuntoTamaño
Comedor.pdf148.83 KB


page | by Dr. Radut